Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Francisco de Fientosa e Crecente Vega unidos pola Ponte de Outeiro (I)

lunes, 16 de noviembre de 2020
Nestes días de novembro estamos a rememorar na Ponte de Outeiro, parroquia de Castro de Rei, as insignes figuras nacidas na nosa parroquia. O concello vai dedicarlle a D. Manuel Becerra Bermúdez un monólito onde se representará a figura deste insigne político e matemático con motivo da conmemoración do 200º aniversario do seu nacemento, o día vinte de outubro do 1820 nunha casa que estaba case que enfronte, ou case porta con porta coa casa onde nace o poeta D. José Ramón Crecente Vega, ao que tamén estamos a recoñecer en varios frontes, levando o peso deste traballo o seu sobriño Mario Crecente, para facer a petición á RAG (Real Academia Galega) do Día das Letras Galegas para o ano 2021 con motivo do 125 Aniversario do seu nacemento.

Tampouco podemos esquecer a Francisco Vega Ceide, outro escritor, coñecido tamén co nome literario de Francisco de Fientosa, que aínda que non naceu na Ponte de Outeiro, ten ascendencia na nosa parroquia e nela viviu como logo veremos, tutelado polo pai de Crecente Vega e por el mesmo, vivindo na casa deste persoeiro que se atopa moi cerca da ponte e do camiño real.

Para tratar de Francisco de Fientosa seguiremos Á Primeira Luzada de Ricardo Polín, onde se recollen as obras completas de Francisco Vega Ceide, coñecido por Francisco de Fientosa, como el quería que lle chamaran, e onde a parte da edición, hai un estudo e notas publicado por Ediciós do Castro, cuxas páxinas servirán de apoio para o presente estudo. Un libro único para coñecer o autor cunhas referencias extraordinarias á súa vida e obra, imprescindíbeis e moi ben tratadas polo doutor Ricardo Polín, estudoso recoñecido e gran tratadista de Crecente Vega e Francisco de Fientosa, entre outros. Nosoutros, para este artigo seguiremos este libro en todo o referido á Ponte de Outeiro.

A ascendencia de Francisco de Fientosa ten raices fondas na parroquia da Ponte de Outeiro porque o seu pai, Francisco Vega Murias, naceu na mesma Ponte de Outeiro e viviu en Santa Leocadia, onde deu fe do nacemento do seu fillo Francisco Vega Ceide, Francisco de Fientosa, no lugar do Cordón o 22 de maio de 1912.

Os seus avós paternos tamén teñen que ver coa parroquia, e son Blas Vega Álvarez (natural de Pousada), pero veciño da Ponte de Outeiro, e a súa avoa Xosefa Murias Fernández, tamén natural da Ponte de Outeiro.

Nos anos 17 e 18 do século pasado morren os pais de Francisco de Fientosa en Vegadeo, quedando o escritor orfo de pai e nai "con apenas oito anos e logo dunha tempada residindo cos avós o pequeno Fientosa recala na casa da Ponte de Outeiro cos seus tíos Remedios Vega e Euxenio Crecente, que son os pais do tamén escritor José Ramón Crecente Vega, primo carnal de Francisco de Fientosa a quen lle leva dezaseis anos"(Pág. 16).
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES