Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Corrixindo erros

lunes, 16 de noviembre de 2020
Ai logo!, vese que de fútbol algo entendo. Pedía o luns pasado que Carlos Mouriño, o presidente do Celta, actuase canto máis axiña mellor se non quería ver ó seu equipiño Corrixindo errosna segunda división. E semella que me fixo caso: ese mesmo luns (ou ó día seguinte, xa non lembro ben) destituíu ó adestrador Óscar García. Agora xa temos ó arxentino Eduardo Coudet, O Chacho. Nunhas semaniñas saberemos xa definitivamente se o mal do Celta estaba no anterior adestrador ou nos propios xogadores. Se por un aquel o Celta non levantara cabeza, non me importa entoar o mea culpa por ir contra Óscar García. Eu, sinceramente, non o vía como adestrador do equipo vigués; pero ó mellor sae aquilo de -2vale máis o malo coñecido que o bo por coñecer". Vai ti saber! O fútbol tamén ten o seu aquel, o seu misterio.

Como o seu aquel teñen os malditos nomes que se lles adoita poñer ás rúas das vilas e cidades en plan de "peloteo", de querer quedar ben. Explico: resulta que Pontevedra vaille retirar a unhas das súas avenidas o nome de Juan Carlos I. Porque Corrixindo erroseste personaxe xa non é o que era. Este home pasou de ser "campechano", sincero, cordial e salvador da patria a ladrón, saído e fuxitivo. Queremos ser tan pelotiñas que, tan axiña como destaca alguén en calquera asunto ou materia, zas, celebrámoslle homenaxes a darlle cun sacho, sen antes pescudar se realmente merecía esas homenaxes. Se nas homenaxes eran bos e xenerosos, agora son pederastas ou maltratadores ou ladróns. Maldita sexa a nosa impaciencia! E co fácil que é o de nomear as rúas sen comprometerse con nada nin con ninguén: que se nesa rúa hai un penedo, pois a Rúa do Penedo; que se ó abrir esa vía se atoparon cunha morea de xestas, pois a Avenida das Xestas. Ademais, todos sabemos moi ben que cada localidade ten os seus sitios cos seus correspondentes nomes: que se Pedradarcas, que se Cachopas, que se Piuales, que se Soutiños. Ata se pode dar a opción de poñerlles nomes de paxaros ou de animais ou de peixes ou de obxectos, e non habería que andar cambiándoos cada certas épocas porque tal personaxe era daquela maneira e despois descubriuse que era destoutra. Que se Franco era o Xeneralísimo, agora é o fascista. Que se Fidel Castro era o revolucionario, despois pasou a ser o ditador. Que se fixeramos ben as cousas, non habería que corrixir os erros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES