Meirás ou saber perder
Santalla, Iago - miércoles, 18 de noviembre de 2020
O paso do pazo de Meirás ao patrimonio público é un logro moi importante froito dunha unidade política total no Parlamento. Tamén convén recordar que é a fin dunha loita de moitos anos sostida pola esquerda e iniciada legalmente polo bipartito. O resultado, polo tanto, non debe ser patrimonializado políticamente cando foron moitas entidades socioculturais as que deron a batalla en primeira liña e, quizais, houbo opcións políticas ás que a inercia lles obrigou a subirse ao carro. Benvidas sexan pero sen eclipsar a aqueles que levan anos na fronte social e cultural.
A vitoria de Meirás é un golpe moi duro para o feudalismo que se cría por riba do ben e do mal e xa se vía creando unha estirpe de intocables. Por iso, tamén é unha vitoria moral e psicolóxica que bota por terra un criadeiro de salva-patrias que sempre supón un perigo para a democracia e a liberdade. Agora, si que dona Emilia pode estar tranquila porque, por fin, Meirás caeu en boas mans, nas mans do pobo.
Agora ben, non esquezamos que o feixismo non sabe perder e vai patear e mesmo intentar ferir. Ante isto, teño que dicir que non me sorprendo porque non se lle pode pedir dignidade a quen nunca a tivo. Entón, como diría unha ilustre deputada que se fodan.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora