Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os caladiños

viernes, 13 de noviembre de 2020
Como contraste coas sonoridades das multitudinarias procesións da Semana Santa, apareceron desfiles silenciosos, ao anoitecer ou na madrugada, que foron coñecidos como as “procesións dos caladiños”, aínda que tamén as hai formadas exclusivamente por mulleres.

Andar por Lugo ao anoitecer deste domingo era participar nunha desanxelada procesión de caladiños que ousaran saír da protección do fogar para poder comprobar e demostrar que, malia todo o que nos acouga, a vida segue.

Se o silencio retroaliméntase de silencios porque non ousamos alzar a voz, o silencio dominaba unha cidade sen bares, sen vellos, sen nenos. Non botei contas con exactitude, pero estou por asegurar que de cada dez lucenes que andábamos pola rúa, cinco ían acompañados dos seus cans na mellor demostración da imposibilidade de saber quen pasea a quen por ser estes amigos dos humanos a disculpa perfecta para perderse polas rúas en calquera circunstancia.

Na silenciosa quietude cidadá brillaban o castañeiro da Praza Maior, algún establecemento de comidas para levar, as mascariñas que nos igualan, a ausencia de patinetes invasores e a innecesaria presencia dos semáforos que moi poucos respectaban diante do case inexistente tráfico.

Como perdidos por Lugo, os caladiños (calados á forza, que diría Novoneyra se nos metese na súa Letanía), rodeados de nobles pedras milenarias, camiñabamos a cidade sen rumbo fixo, andando por andar (a imitación de Manuel María) sen ousar por agora calificar este tempo oscuro (Celso Emilio si o fixo co tempo político) como unha longa noite de pedra. Se non de pedra, si que está sendo longa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania