Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Capar o río

viernes, 13 de noviembre de 2020
Lendo nun libro galego atopeime coa acción de cando uns personaxes lanzaban pedras a rentes da auga para que rebotasen cantas máis veces mellor. Nós a iso chamabámoslle “capar o río”. Xuntabámonos, ou mellor dito, xa estabamos xuntos un grupo de cativos gardando as vacas no monte e axiña acordabamos de ir capar o río. Así Pingas de Orballo: Capar o ríoé que cada un collía as mellores pedriñas que puidese atopar (canto máis planas mellor se deslizaban pola auga) e alá empezabamos unha pequena guerra ou competición de a ver a quen lle choutaba máis veces a pedra sobre a auga. Ganaba, por suposto, o que acadase máis saltos. Había auténticos especialistas na materia, aínda que todos, máis ou menos, o faciamos soberanamente ben. Porque, claro, estabas case todos os días capando o río, e a práctica, xa se sabe. Despois era bonito ver aquela figura na que se apreciaba como os saltos ían a menos e se facían máis curtos. E ver aquel ronsel que deixaba a auga era como para pillar unha foto para enmarcar.
Capar o río ten o seu aquel. Non se tira a pedra de calquera maneira. Hai que poñer certas posturas para que a pedra colla certa velocidade e non afonde xa no primeiro golpe de auga. E como xa dixen, hai que saber tamén buscar a pedra apropiada. Cunha calquera podes capar o río, como moito, cinco ou seis veces; pero cunha ben escollediña, eses saltos pódense facer eternos ou malos de contar a causa da velocidade -máis que da forza- do lanzamento. Neste caso tamén vale máis a maña cá forza. É igual; é un xogo bonito o de capar o río.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES