Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O explorador

jueves, 12 de noviembre de 2020
Son un explorador. Exploro o que vai máis alá daquel camiño das cen curvas e as rulas que pousan sobre as gallas dos castiñeiros. Exploro o que pode haber sobre un balcón que dá cara ó noroeste e, ó mesmo tempo, déixome ir polos recordos dun tempo. Son un explorador que vai pola vida explorando. Como debe ser. Exploro os coches Pingas de Orballo: O exploradorvermellos que pasan e mírolles a matrícula por se aquel. Explorar entre os catro palleiros que hai nunha aira pode ser bonito. É bonito. Atopas saltóns que saltan e espigas de centeo que caeron das medas. E se me quedo quieto seguro que asoma unha rula na procura de alimento. Exploro o bafo dun espello para ver o que non deixa. Puto bafo! Son un explorador de cando as películas se facían en branco e negro e tamén o son agora que as películas se fan dixitalmente. Explorar é bonito. Podo axexar detrás dun camisón aqueles puntos ou lugares prohibidos, ou esperar a que algún alpabardas asome por detrás dos palleiros daquela aira. Exploro o ritmo dun tema musical de Jerry Goldsmith ó mesmo tempo que me deixo levar pola melancolía dun soño. Porque soñar tamén é bonito. Pero hoxe estou explorando. Son un explorador. Dos tempos arcaicos e sereino tamén dos tempos futuros. Porque o futuro está aí, á volta da esquina; e eu estou aquí, explorando aquilo que non ten fin. A eternidade non ten fin. Exploro a eternidade dun sorriso que se abre e que se abre para deixar ver unha nostalxia que tampouco ten fin. Son o explorador dun silencio no que non hai ningún ruído.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES