Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Confundir os termos

miércoles, 11 de noviembre de 2020
Pintan bastos, dicía aquel. Na realidade pintaban copas. Pero xa sabemos que ás veces confundimos os termos. Tamén hoxe é xoves e eu penso que aínda é martes. Por cachos tamén penso que é venres. Cando as cabezas están atrofiadas dise ou escrébese calquera trapallada; parvadas hai para darlle cun sacho. Porque axiña pensamos que Pingas de Orballo: Confundir os termostodo é liso e chan. Pero, que va, ás veces hai cada atranco no camiño que nin o demo. Ou hai montañas moi altas. Tamén é verdade que chega con dicir un outeiro. Calquera verruga ou espulla xa é suficiente para botar a perder a opción de liso e chan. Estou escoitando a banda sonora de "Blade Runner" e por veces penso que é a de "Cinema Paradiso". Que terá que ver Vangelis con Ennio Morricone! Si, definitivamente estou a confundir os termos.
Escribo a toda velocidade para poder ver o final de etapa da Volta Ciclista a España, cando na realidade debería escribir a modiño para cocer mellor o relato, para buscarlle ese prebe, ese mollo que tan ben acompaña a certas comidas. Pero onde non hai substancia non che hai caldo; manda carallo! Agora mesmo xa pintan ouros e alguén segue dicindo que pintan copas. Mais, ante isto, axiña choutou o típico mirón da partida para dicir que nin pinta unha cousa nin a outra. Nunca tal dixera! Xa se armou a do demo e a mona. Foi tan grande a rexouba, a algueirada que ó final démonos de conta de que alí non había tal partida. Maldita confusión dos termos!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES