Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O Chivo expiatorio

martes, 10 de noviembre de 2020
A orde creo que é a partir das 00:00 horas do sábado, 7 de novembro para que pechen os bares. Pero como desde as 23:00 horas hai toque de queda, significa que levamos xa dez minutos coa hostalaría pechada. A ver, toda esta segunda ola do Covid-19 víase vir, polo menos, desde o 31 de agosto. Entendo que pola economía non nos Pingas de Orballo: O Chivo expiatorioconfinasen de novo a todos, aínda que creo que ese era o momento de facelo. Non quero ser agoireiro, pero, ó final, non sei se non caeremos de novo. Aínda que, iso si, mentres non volvemos ó cárcere, ten que pagar alguén o pato ou cargar co pandote. Falando claro, hoxe, os bares son o chibo expiatorio. Os que me coñecen un pouco saben que me gusta o café e que vou mañá e tarde ós bares, cafés ou cafetarías, polo menos da Valenzá, onde hai uns cantos, e digo con coñecemento de causa que eran os que mellor cumprían coas normas que lles ditaron. Polo menos, eu ía máis confiado a un café da Valenzá que, por exemplo, a un centro comercial. É máis, tíñalle máis medo á propia rúa, ás propias beirarrúas que ós bares. E non digo xa nada desde que estaban só coas terrazas: catro ou seis mesas como moito, separadas, limpas, case imposible que andase por aí solto o bicho ese.
Pois agora acaban de entrar as novas medidas nas que, xa digo, a hostalaría é a gran prexudicada, a gran vítima. Non hai moito que denunciei que pagarían xustos por pecadores. Empezan a pagar os xustos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES