Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cen mandas Cen (II)

martes, 10 de noviembre de 2020
A Alento esbravexo chegaron mandas de todo tipo, que se foron publicando tendo en conta a data de entrega, pero tamén a combinación de home / muller, colectivas / individuais, as diferentes expresións artísticas e incluso o lugar de procedencia, de aí que unhas tardaron moito máis que outras en ver a luz. Falabamos na entrega anterior das pinturas, agora centrarémonos noutras expresións, por exemplo, as esculturas.

Esperanza Lema, presenta unha maternidade que chega acompañada dunha anécdota que fala dun encontro que ten o arrecendo da amizade.

Soledad Penalta, académica de Belas Artes e último premio da Cultura Galega, introduce o azul cobalto nunha peza co seu estilo inconfundible que titula "Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo".

Francisco Ameixeiras que vai, de novo, ás raíces da nosa simboloxía, igual que fixeran Isaac e Seoane, para presentárnolas en pedra.

Pepa Nieto, escultora e poeta que lle ofrece unha peza de cada unha das súas disciplinas porque nel ve un faro iluminador.

FranLareo que presentou unha das primeiras pezas para a homenaxe a Isaac, un gaiteiro, lembrando esas figuras, que saíron do seu maxín, con personaxes do país.

A artesanía, esa arte do pobo, que medra nas mans dos artistas que non se reivindican nas belas artes, tráenos a un grupiño disposto a recoñecer ao home que pasou da pintura á cerámica.

Ferraxe de Prata que crea alfaias co anacos de louza de Sargadelos, reaproveitando o inservible para un novo uso.

ÍoMorales inspírase na branca vaixela portomarínica de debuxos xeométricos para elaborar o magnífico deseño dun xersei digno de ocupar un lugar sobranceiro.

Meninheira elabora, cun prato e unha figa de Sargadelos, un símbolo feminista ao que tamén acoden as palabras de Rosalía de Castro, para dedicarllo a IDP.

A xoieira Rosa Fernández Míguez inspírase nas gravuras dos Contos do Valadouro para deseñar o seu anel máxico coa cabeza da vaca tótem.

Chus Iglesias tamén dende a ourivería, tráenos unha máscara brazalete realizada a partir dunha culler de prata á que lle dá unha segunda oportunidade.

Presentáronse pezas audiovisuais de moi diferentes tipos.

Xosé Ramón Rodríguez, recoñecido por Vida de aldea, ofrece o vídeo artesanal realizado co teléfono, dunhas das súas últimas creacións, unha arquitectura irmandada coa natureza que remata cun corazón: "porque el tamén facía as cousas dende aí".

Camiño Noia elabora unha presentación por medio da que nos explica de onde vén a mirada de Isaac; unha interpretación que nos convence.

Paco Rivas presenta un magnífico videopoema para Isaac, no que a música, a palabra e a imaxe combínanse magnificamente.

Xosé Luís Moar entrega un vídeo no que se recolle a elaboración da Fonte a Castelao por parte do ceramista Porto coa supervisión de IDP.

Eduardo Liste, nunha entrevista gravada en vídeo, fala de Isaac e o seu papel recuperador da memoria histórica.

Do mundo da música chegan as notas a modo de canción de berce que adurmiñe ou de protesta que erga.

Miro Casabella envía un vídeo interpretando o cantar de cego que conta a historia do marqués de Sargadelos e nos lembra o que tal gustaba Isaac de “O meu país”.

Tino Baz achega o seu traballo actual: un poema, “A bolsa”, que está a converter en canción.

Luís Caruncho, o regueifeiro, faille unha canción a IDP que acompañándose da zanfona di "Hoxe o pobo dáche as grazas / cunha manda de alegrías" resumindo perfectamente a iniciativa da que estamos a falar.

Sebastián Paz, da estirpe dos Paz de Noia, envía a composición "Pola primavera" co seu pentagrama, porque serán precisas outras primaveras que, de novo, nos traian persoas semellantes.

Antonio Quesada podía ter enviado algo da súa obra plástica pero ofreceulle a Isaac unha "Canción de espertar" para esa mañá que agardamos.

Abe Rábade, un dos músicos con mais proxección, xunta a sonoridade da natureza (a través das follas, a auga do río ou os pelouros), a percusión espontánea e a voz nun "Maneo do tempo", dedicado a Isaac.

Carmiña de Soutomaior envía unha muiñeira para Díaz Pardo, unha peza recollida do pobo á que acompaña cuns versos que lembran o tempo compartido co galego egrexio, a panderetana man e un aturuxo que serve de pórtico á despedida, coa man no corazón: "Isaac sempre con nós!".

A música é emoción e sentimento, por iso deixamos que nos empapen estas músicas para Isaac.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES