Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ideas sobre Coco

miércoles, 11 de noviembre de 2020
A semana pasada volvín ver Coco, a película de animación que describe a celebración do "día de muertos" en México. Sorprende en primeiro lugar, o colorido e a ledicia coa que se celebra a memoria e, tamén, o respecto co que se transmite o que foron os antergos. A memoria é tan importante que se liga á permanencia na eternidade.

Cando un morto non está na memoria de ningún vivo, desaparece para sempre dese máis alá e, polo tanto, o seu rastro extínguese para sempre. Boa parte da trama céntrase nesta loita pola memoria que é a loita pola vida, pola permanencia do rastro persoal no mundo.

Dun xeito ou de outro, todos queremos deixar rastro e deixar pouso naquilo que nos rodeou en vida.

A trama de Coco ten outro elemento fundamental que é o peso da historia familiar nas novas xeracións. Neste aspecto vemos como unha familia loita por manterse nunha profesión en contra de outra para eles de triste recordo. Non en tanto, a vida cambia e quen non viviu o de atrás ten todo o dereito a achegarse a aquilo que descoñece. Aquí xorde un pulso entre a sobreprotección e a liberdade individual de construír a propia vida.

Coco constrúese entre estes dous eixes, cun vínculo fundamental que é a música. Para uns a cara e para outros a cruz da vida. A cara admira e a cruz céntrase na intrahistoria familiar que trouxo a música e aquí ven outra das grandes reflexións de Coco que é o difícil que resulta xulgar unha actitude e cómo ser un mesmo pode significar admiración e traición. Para min, Coco é unha invitación a ser libre, conscientemente libre, vivindo exclusivamente de acordo cun mesmo. Por iso é unha historia que non só paga a pena ver senón tamén recuncar nela ata reafirmarnos en nós mesmos máis alá de todo porque a mellor maneira de vivir é ser un mesmo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES