Calidade de vida
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de noviembre de 2020
Todos queremos ter calidade de vida porque todos a necesitamos.
A calidade de vida depende de moitos factores: saúde, economía, situación socio cultural, maneira de ve-la vida, etc.
Cando tódolos factores son favorables, é doado levar un nivel de vida aceptable porque tódolos santos axudan.
Ante momentos difíciles como pode ser o actual, a situación cambia:
Agora toca: CAMBIA-LO CHIP
Temos que acomodarnos ó momento que nos toca vivir.
Non queda outra.
Neste momento
.
-Teremos que renunciar a moitas das liberdades das que viñamos disfrutando.
-Teremos que reducir gastos porque o alcacer non está para gaitas
-Teremos que aceptar que a vida é un regalo con data de caducidade.
Se nos toca de perdela, perderémola e se nos toca de perder algún ser querido
¡Aceptarémolo!
Pero a vida segue e temos que facerlle fronte ó que veña.
Ante situacións desta índole: A PACIENCIA DEBE ESTAR A PROBA DE BOMBA.
Di Santa Teresa de Ávila: LA PACIENCIA TODO LO ALCANZA
Tamén di: QUIEN A DIOS TIENE, NADA LE FALTA; pero esto xa é cuestión de fe.
Non cabe dúbida que a fe é a arma máis poderosa; pero non sempre a temos a punto.
En calquera caso, SE SOMOS CAPACES DE MANTER A PACIENCIA EN CALMA MENTRES ESTO NON SE AMAÑA, xa teremos gañados moitos puntos.
A calidade de vida, nestes momentos, témola que ver doutra maneira:
-MANTER O CONTROL DA ANSIEDADE E O ESTRÉS Á RAIA para que a nosa saúde física, mental e espiritual resista.
-DARLLE TEMPO Ó TEMPO E CONSERVA-LA SERENIDADE, pois non hai ben que por mal non veña; nin mal que cen anos dure.
-ESTIRAR OS RECURSOS, convencidos que que xa virán tempos mellores.
Os nosos antepasados tamén os estiraron e saíron adiante.
Nós tamén sairemos.
-ALENTAR A XENTE NOVA para que loite por labrar con esperanza o seu futuro e o noso futuro.
Se botamos unha ollada a tempos pasados, comprobamos a capacidade de sacrificio que fixeron moitísimas persoas.
Esa mesma capacidade tamén a ten a xuventude actual.
A NOSA XUVENTUDE TEN A CAPACIDADE SUFICIENTE PARA ENFRONTARSE ÓS DESAFÍOS QUE LLE TOCA VIVIR.
Pero todos teremos que arrima-lo ombreiro.
Non sempre vai a ser doado.
Haberá necesidades ó noso carón ou na nosa propia casa; pero seguro que sairemos victoriosos.
¡Claro que sairemos!
A batalla non está perdida. Hai que loitar para gañala.
LOITAREMOS SEN PERDE-LO SENTIDO DO HUMOR.
Compartiremos o pouco ou o moito que teñamos: compañía, un sorriso, alegría de vivir, unha palabra de ánimo
E se podemos axudar en algo máis, tamén.
CONSERVAREMOS A PACIENCIA, A SERENIDADE, O EQUILIBRIO MENTAL, A ESPERANZA E OS ÁNIMOS MOI ALTOS
Porque: ESTO PASARÁ.
E cando pase:
-Teremos superadas moitas probas.
-Saberemos darlle valor ás cousas e, sobre todo ÁS PERSOAS DE BO CORAZÓN.
E ensinaremos leccións maxistrais ós que veñan detrás.
EVOLUCIONAREMOS.
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa valiosa colaboración en favor da calidade de vida en tempos de pandemia e tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora