Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inscricións nos cemiterios

miércoles, 04 de noviembre de 2020
Na cultura e na relixiosidade popular do noso país a celebración do Día de Todos os Santos e dos Fieis Defuntos (1 e 2 de novembro) teñen unha forte raigame entre as nosas xentes. Son días de lembranza especial e de oración por aqueles que nos antecederon e quixemos e nos quixeron. Son días de visitas ós cemiterios. Castelao dicía referíndose ós cruceiros: "reparade nos cruceiros e descubriredes moitos tesouros". Parafraseándoo digo: reparade nos cemiterios e descubriredes moitos tesouros.

Algúns cemiterios no frontispicio da porta de entrada teñen unhas inscricións. Hai algunhas que son citas bíblicas, como é o caso do de Santa Mariña de Muimenta (Cospeito), que ten unha frase do Evanxeo de san Xoán:

YO SOY LA RESURRECCIÓN Y LA VIDA

Ou o de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos (Barreiros) que está tomada do libro de Xob:

ACORDAOS DE MI AL
MENOS VOSOTROS QE.
FUISTEIS MIS AMIGOS.
NO ME OLVIDEIS QUE
NADA PUEDO HACER
POR MI. JOB XIX

Ten ademais gravada unha cruz na parte de arriba, no centro e unha caveira con dúa tibias, en forma de aspa, na parte esquerda.

Outras inscricións fan referencia ó destino do corpo e da alma. En Santa María de Viloalle (Mondoñedo) ten no lateral esquerdo un reloxo de area (símbolo da caducidade) cruzado cunha gadaña (símbolo da morte) e do outro lado unha caveira coas tibias. Arriba de todo no centro ten unha cruz.

EL DESTINO DEL CUERPO
YA LO VEIS
EL DEL ALMA SEGUN OBREIS.

Esta mesma inscrición aparece no de San Salvador de Castro de Ouro (Alfoz) anque sen os debuxos e tamén no de Santo Estevo de Sedes (Narón, pero engade ó final

D. E. P.
AÑO DE 1907

Esta mesma idea está presente na inscrición do cemiterio de San Xiao de Cazás (Xermade)

CONSIDERAD QUE EL CUERPO
AQUI VIENE REPOSAR
MAS LA SUERTE DEL ALMA
SERÁ SEGUN EL OBRAR

Hai dous cemiterios que teñen unhas inscricións que poderiamos dicir que son moi prosaicas e sen moita esperanza no alén da morte. Son o de Santo Estevo de Oirán (Mondoñedo), que ten unha cruz no centro da placa:

¡OH MORTALES!
AQUI ESTAN NUESTROS
HUESOS ESPERANDO
POR LOS VUESTROS
R. I. P.
AÑO DE 1892.

A outra inscrición parecida está no cemiterio de Santa María de Trobo (Begonte), dándose a circunstancia de que é a única que está en galego:

AQUI ESTAN OS NOSOS OSOS
AGARDANDO PO-LOS VOSOS

Outras inscricións fan referencia ó que un foi, ó que é e ó que será. En San Martiño de Piñeiro (Xermade):

HE SIDO LO QUE ERES
Y SERÁs LO QUE SOY.

No cemiterio vello de Santa María das Pontes, hoxe clausurado:

CUAL TE VES ME VI
CUAL ME VES TE VERAS:
TRAE ESTO A LA MEMORIA
Y NO TE CONDENARÁS

En San Martiño de Codesido (Vilalba) ten arriba no centro unha caveira coas dúas tibias en aspa

HOY POR MI. POR TI MAÑANA
¡A ESTE LUGAR DE OLVIDO
VA LA VANIDAD HUMANA
Y EL ALMA A SU MERECIDO!
1908

En Santa María de Neda:

HOY POR MI
MAÑANA POR TI
1899

No cemiterio de Santa María Madalena da Graña (Abadín) que tamén ten no centro a caveira coas tibias:

CONTEMPLA LO QUE ERES
Y LO QUE SERAS DEDICAME UNA
ORACION POR CARIDAD
AÑO 1916

En Santa María de Coubueira (Mondoñedo) son as ánimas as que falan:

LA PAZ DE DIOS SE
IA CON NOSOTRAS. AMEN
REQUIESCANT IN PACE

Tamén no de San Vicenzo de Lagoa (Alfoz):

UNA AVE MARIA
POR CARIDAD
1892

No cemiterio de Santa Olalla da Devesa (Ribadeo) hai esta inscrición:

LOS QUE ESTAIS AQUÍ, CON
SOLAOS: LA RESURRECCION
DE LA CARNE OS ESPERA.
DESPUES DEL CREPUSCULO
LA AURORA, SOLO RADIAN
TE PARA LOS QUE MUEREN
EN LA PAZ DEL SEÑOR.
(1944)

No de San Xusto de Cabarcos (Barreiros) pode lerse:

MIRA A LOS QUE ESTAN AQUI
¡O CRISTIANO DISIPADO!
QUE EL DIA MENOS PENSADO
TU ESTARAS TAMBIEN ASI;
PIENSA QUE SERÁ DE TI
CUANDO TE HAYAN DEJADO.

O de Santa María de Recemel (As Somozas) ten esta inscrición:

QUIERO DEJAR EN POS DE MI
DIVINA Y SANTA SEMILLA
DE ESTO QUE TENGO DE ARCILLA
DE ESTO QUE TENGO DE DIOS
AÑO 1980

Por último, no de Santa María de Vilanova de Lourenzá, había unha placa metálica, retirada polo párroco anterior, que é moi curiosa xa que ten na parte superior á esquerda unha caveira coas tibias, no centro unha cruz, na parte dereita un reloxo de area. Logo ten o texto da inscrición:

PIENSA EN MI: RECUERDA: LLORA
HOMBRE, SOMBRA, VANIDAD.
PRONTO LLEGARÁ TU HORA
¡PODREDUMBRE! ¡ETERNIDAD!

e, despois do texto ten na parte esquerda o reloxo de area, no centro unha pa e unha gadaña cos mangos cruzados en aspa e no medio unha ave e na parte dereita a caveira coas tibias.
Villares Mouteira, Félix
Villares Mouteira, Félix


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES