Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Cheos de Incongruencias

viernes, 06 de noviembre de 2020
Dáme a risa cada vez que vexo as fotos das manifestacións en contra dos confinamentos e das medidas que se toman por esta pandemia que nos asola. Porque os manifestastes, por se aquel, por se as moscas, levan mascariñas. Non vaia ser o demo! Estamos cheos de incongruencias. Como a de empezar con esa crítica e choutar a un tema de música clásica que me enche de calma, de moita calma. Menos mal, porque o Pingas de Orballo: Cheos de Incongruenciaspatio anda algo revolto. Pero esquezámonos diso. Pensemos nas fotos de Sebastião Salgado que están expostas na avenida de Pontevedra da cidade das burgas. Que marabilla! Que gozada!; e ademais en branco e negro. Eu descubrín a Salgado nos anos 80, cando un periódico nacional, no seu suplemento dominical, publicaba unha foto del a toda páxina. Alí xa me impresionara.
Son as catro menos vinte da tarde e desde o sábado non me sae da cabeza a imaxe de David Ferreiro meténdolle un gol a todo un Real Madrid. Non iniciara o partido de titular (mal feito!), pero víase que non quedaba outra que metelo se o Huesca se quería enganchar ó partido. Algo si que revolucionou o ataque. E foi no minuto 74 cando, zas, alí lle cravou un gol a un Courtois que hoxe está que se sae. Foi o segundo gol do molgués na primeira división. O primeiro acadárao na tempada 2018-2019 ante o Betis no minuto 73. A imaxe do sábado, con dedos cara ó ceo, está aínda na miña retina, porque entendo que era a homenaxe ó seu avó falecido hai uns días. O crack molgués segue facendo historia na nosa vila.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES