Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Transporte privado e transporte público

lunes, 12 de mayo de 2008
É ben ingrata a nova do esmorecemento da estación de autobuses de Vilalba, construída hai dezasete anos perto do polígono industrial, que se ve reducida na práctica a puro aparcamento de autobuses das empresas de transporte.

En tempos, os buses paraban na Carretera, ó lado da librería de Gaioso, onde tiña a administración a Entidade Única que facía viaxes entre Vilalba e As Pontes, e as empresas Ribadeo e Hermanos Veiga, que cubrían todas as necesidades de viaxe entre Vilalba e a capital da provincia, e entre Vilalba e os pobos costeiros do norte da provincia. De algunha delas, había que sacar os billetes no propio coche, pero todos tiñan parada entre a Librería e o Bar Roca, porque o tráfico entón existente non resultaba problemático para unha parada en lugar tan céntrico.

A evolución da vida impediu que todo se centrase nun mesmo lugar, e a Estación de Autobuses pareceu lugar perfecto para potenciar centrando o transporte de viaxeiros por automóvil. Pero parece que non foi así, e pouco a pouco foron pechando os negocios complementarios que alí abriron, reducindo a actividade da flamante estación de autobuses a un apeadeiro sen máis utilidade.

O certo é que en Lugo, sen chegar a dimensións así, tamén se nota un esmorecemento na estación de autobuses como se nota na estación do tren. Os transportes públicos aquí non son o que eran, e o triunfo do transporte privado, o automóvil familiar, trouxo consigo o envellecemento dos transportes públicos nun amplo círculo vicioso que non se sabe onde irá a parar.

Nunha recente viaxe a Alemania, experiencia enriquecedora coma toda viaxe, puiden contactar cunha realidade que nada ten que ver coa nosa porque ninguén se preocupou de que a fose.

En Alemania, se ben existe un transporte privado importantísimo, e acredítano os coches wolskwagen e Mercedes entre outros que destacan por toda a xeografía, hai un transporte público urbano digno de ter en conta, que aproveita fórmulas que aquí se desbotaron hai tempo.

Nas dúas máis grandes cidades galegas houbo en tempos un tranvía que logo pareceu anticuado e desapareceu, rescatándose agora na Coruña como un elemento folclórico e turístico.

Pois en Alemania funcionan os tranvías, son silenciosos e rápidos, están cheos de xente en todas as viaxes, pasan cada poucos minutos, e constitúen unha fórmula de transporte perfecta para os medianos e pequenos núcleos urbanos. Pero aquí fáltanos moito tempo para chegar a unha conclusión así. Eso, se chegamos.

Esto de viaxar está moi ben, porque permite comparar o propio co alleo, as experiencias do noso contorno coas que se viven en lugares lonxanos. Case sempre saímos perdendo, pero mal será que non vaiamos mellorando co paso do tempo e coa chegada de xente nova que vaia facendo que o mundo progrese. Hai que crer nesto, porque senon estariamos perdidos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES