Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Valería de algo o confinamento?

lunes, 02 de noviembre de 2020
Valera de algo o confinamento? Creo que é hoxe ás doce da noite cando remata o confinamento das principais cidades galegas e dunha boa parte de concellos. Non sei se serviría, se valería de algo tal medida. Porque sigo denunciando que somos nós os que non cumprimos, por enriba dos erros que poidan cometer os que nos gobernan. Estes días vin como se vendían moitas flores. Estas levaríanas onte ós cemiterios (e non me refiro ós cemiterios da Valenzá, Barbadás e Ourense, non), porque non creo que as mercaran para telas nas casas.

Nas terrazas, agora, os clientes, ó non ser conviventes, teñen que sentarse por separado e ó falar, claro, sobe bastante o ton de voz entre amigos, e así escoitas diálogos polos que non queda outra que confesar que oxalá nos volvan encerrar a todos nas casas. Son partidario de que así se faga. E se queremos que esta pandemia remate, deberían confinarnos de novo. Por esta vez nin tan sequera me compadezo dos negocios. Porque nesas conversas de terrazas participaban xente que teñen os seus propios negocios. Que un amigo berráballe ó outro onde estarían situados máis ou menos os controis policiais polo traxecto que tiña que percorrer. Este contestáballe, claro, con certos exemplos desculpando a viaxe, no caso de que o parasen: que se comida para o can, que se penso para as pitas, que se o pai tal, que se a nai cal; pero dando a entender, por suposto, que nin tiña can nin pitas e ata poida que nin pais.

Logo o máis bonito chegou cando o que estaba descubrindo os postos dos controis, confesou que había pouco que se atopara cunha parella de mulleres que estaban tomando café xuntas, polo que estivo a piques de chamarlles a atención. El, precisamente el, que estaba incumprindo as normas e facendo que outros as incumprisen.

Noutras conversas, algún ata se puña tan chulo que confesaba que lle importaba un carallo que o pararan, tamén dando a entender que, el, como chulo que era, pensaba saír do concello de Barbadás. Imaxino que sairía e imaxino que tería sorte de que non o pillaron. Porque case sempre sucede así: que os menos cumpridores son os que mellor parados saen. E tamén son, por suposto, os que máis critican, os que máis esbardallan sobre as medidas que alguén pon sobre a mesa. Non queren que pechen os seus negocios, pero son os primeiros que rompen as regras. Despois... pagan xustos por pecadores.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES