Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facer as maletas!?

viernes, 30 de octubre de 2020
A Mariña, ten paralizada outra vez unha autovía no norte, xa non temos nin por onde Facer as maletas!?escapar. Aillados, nun mar sen botes salvavidas. ¿Alguén levanta a man para protestar polo deixados que estamos? ¿Queremos coller as pasaxes do tren cara a nada? Porque semella imos en primeira clase, camiño de descarrilar.

Mentres a pandemia campa coma boi da morte, e as cosecuencias económicas ou sociais vense nas nosas rúas comerciais. As empresas afogan, e afóganas. Os nosos novos sen traballo escapan e a sangría do capital humano capaz de construir futuro medra. Colleunos espidos, e débiles: non facemos , nin fabricamos, non labramos, nin pescamos... ¿Condeados á extinción? Ciivilizacións abandoados no medio de selvas, quedaron valeiras por situacións así, enfermidades e ruinas mercantís.

Non somos, nin seremos os primeiros en irnos, a emigración está na nosa memoria. Escapar dos problemas é a solución doada, e chega un momento que necesaria. O malo é que coma cando fan auga os barcos as ratas liscan a tempo e a orquesta toca ata o fin.

Vivimos tempos sen gobernos, nin oposicións. Fixemos parques sen árbores, peiraos onde atracan coches, polígonos sen naves, mudamos a madeira e a pedra de sempre polo inox e bancos insentables importados.

¡Qué fumos punteiros en varios campos vese na historia! Os nosos maiores tiñan outra idea de respeto e coidado á terra, eran líderes que facían en vez de desfacer, unha Facer as maletas!?sociedade civil desinteresada e unida. Resisitían, adaptábanse, poder de resilencia, eran xente forte e da escola da vida. Sabemos que estamos de paso, pero procuremos para os que veñen o que tanto suor costou.

Falan de plan A de Alcoa… nunca dun Plan B… Falan de hoxe e non de mañá, de saír do paso rápido e da foto. E sempre queda no caixón o de producir e fabricar nós.

¿Porque non se sentan na mesa quenes deben tomar decisións competentes?¿Para cando un Plan de Reconstrucción Comarcal? O dun modelo sostible, un turismo ligado ó patrimonio e natureza, obradoiros de traballo para profesións, texido padroal, artesanía local, urbanismo artístico e de crecemento lóxico, asentar bases sólidas dunha industria de materia autóctona, centros de formación e información, aposta polas tecnoloxías, menos trabas burocráticas, estudar as consecuencias de cada moeda investida...

O mundo muda e precisamos medidas de urxencia. Un pobo sen xente é un deserto de area. Non esperemos agochados que nos saquen as castanas do lume, con pequenas cousas hai cambios, a acción comeza agora e aquí.
Lage - Seara, Antonio
Lage - Seara, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES