Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Co demo na Ponte das Cabras

martes, 03 de noviembre de 2020
Xusto no momento en que saín da curva que hai entre Entreloríos e a Ponte das Cabras foi cando vin, apoiado na varanda de ferro da ponte, ó demo. Si, ó propio demo. Era coma o dos debuxos, o das fotos, o dos retratos bíblicos. Tiña cornos. Ós cachos botaba lume polos ollos. Tiña rabo. Tiña unha lingua bífida. Tiña dúas ás enormes, negras e algo Pingas de Orballo: Co demo na Ponte das Cabrasretorcidas. Na man dereita, ou mellor dito, na garfa dereita levaba unha forquita de tres gallos. A verdade é que metía medo. Pero eu non achantei. Seguín o meu camiño con dirección a Os Milagres. Desde uns cinco metros antes de chegar xunto a el, empecei a miralo ós ollos, para que vise, para que notase que non lle tiña medo. Demo, eu a ti non che teño medo, pensaba para min mesmo. Ó mellor tamén o facía que enganar ó meo propio medio. Eu que sei... Axiña notei como os seus ollos se poñían roxos de máis. Non sei se non quererá cuspir lume, volvín pensar. Quixen saudalo cunha boa tarde, pero optei por unha ocorrencia: abanícame con esas dúas ás tan grandes que tes e tórname as moscas co rabo. Así lle dixen. O carallo do demo quedou pampo. Quedou tan de paspán que non soubo reaccionar. Tal lle debeu ser a conmoción que si cuspiu lume, pero foi cara ós amieiros que lindaban co río Arnoia. Eu, por se aquel, non desviei a mirada dos seus ollos. Aí, coma un heroe. Que vise e que notase que quen mandaba na contorna era eu; que non vale un noso Señor Xesucristo, que simplemente chega con ter o que hai que ter. Arre demo! Seguín o meu camiño cara Tras das Poulas. De esguello, vin como o diaño se deitaba, cabreado, á sombra dun salgueiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES