Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tod@s somos iguais ata que se demostra o contrario

miércoles, 04 de noviembre de 2020
Todos os días concienciando, pedindo contención, responsabilidade, sentidiño. Persoas renunciando ao máis sagrado das amizades, da familia e dos afectos (renunciando a bautizos, vodas e comuñóns). Xente morrendo soa e xente á que non lle podemos dar un adeus. Persoas que, por esquecer a máscara, perden 150 euros. Necesidades socioemocionais desertas para protexermos sanitariamente. Anciáns perdendo un tempo emocional que nunca volverá. Sanitarios abafados e superados. Sectores económicos na corda solta. Limitacións nas xuntanzas. Profesionais da autonomía persoal traballando por riba das súas posibilidades e facendo graves renuncias persoais… todo exemplaridade…

...ata que un periódico decide que é moi importante e que resulta fundamental celebrar o seu 5º cabodano. Daquela reúne 80 persoas nun casino (disque "la plana mayor de la política española") e celebra…

… conclusión: tod@s somos iguais ata que se demostra o contrario…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES