Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anisia

martes, 03 de noviembre de 2020
Anisia,
en Internet dise que o teu nome provén do grego
e que o seu significado é que cumpre: a cumpridora.
Así eras, Anisia.
Cumpridora.
Traballando para mellorar a realidade
poñendo o teu traballo ao servizo das causas xustas.
En Arxentina,
acudindo ás clases de galego impartidas por Blanco Amor,
activa na posta en marcha de iniciativas galeguistas,
cofundadora e codirectora da distribuidora do libro galego Follas Novas.
Marchando a Cuba
para apoiar unha revolución.
Escribindo a biografía de Ho Chi Min e varios libros sobre Vietnam
-o daviciño que venceu ao xigante USA-
a biografía de Guevara en Cuando el Che era Ernestito
Escribindo varios libros sobre José Martí
vertendo os seus versos ao galego.
Ocupándote da rapazada en Zum Zum e Bijirita,
nas obras de teatro
poesía
narrativa
na biblioteca de Gres
no desexo de montar un grupo de teatro
e...
deixando o teu, sempre, para máis tarde
as memorias
ían
comezarse a escribir
o día da túa morte.
Anisia,
a que cumpre
e se esquece de si,
como o fixo o mundo
coas escritoras
coas mulleres.
Anisia,
algunha muller
terá que escribir
esa biografía,
oculta na néboa
de Gres
e na luz da Habana.
Anisia
un luns de outubro
de cada ano
recordaráseche,
a ti,
e contigo
a túa obra
e o teu traballo
a favor do avance da Historia.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES