'Novas autopistas'
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 29 de octubre de 2020
Todos somos conscientes de que a pandemia pon límites nas nosas vidas.
Todos sabemos que temos que coller outro camiño, temos que construír "novas autopistas" que nos conduzan a unha vida de progreso e prosperidade con liberdade de movementos.
Esas "novas autopistas" témolas que construír entre todos porque nesta "obra de enxeñeiría" estamos todos implicados.
Temos que mentalizarnos a toda présa para "colle-la autopista" que nos leve á conservación do ben máis preciado: a vida.
COSTE O QUE COSTE, CONSERVA-LA VIDA É O PRIMEIRO.
Se a "autopista" que leva á conservación da vida é a primeira que temos que coller, a "autopista" que manteña a flote a economíoa, é a segunda.
Temos que ir pola vía máis rápida porque a situación é de extrema urxencia.
Este problema non é un problema do veciño do lado nin do país do lado
É o meu problema, o teu problema, o noso problema.
É UN PROBLEMA QUE ESTÁ AQUÍ E AGORA NA VIDA DE CADA SER HUMANO.
Parece ser que onde se orixinou xa o teñen erradicado.
Se eles o puideron erradicar
¡NÓS TAMÉN!
Poderemos erradicalo no momento que tomemos conciencia da gravidade do problema.
Tomar conciencia das consecuencias das nosas accións sempre foi moi importante: PERO NESTE MOMENTO É VITAL.
Porque neste momento está en perigo a nosa propia vida e a nosa supervivencia como civilización.
Temos que cambiar de vida.
Temos que cambiar de vida polas boas, porque se non teríamolo que facer polas malas e sería moito peor.
Vainos supoñer moitas privacións.
As privacións forman parte da vida.
A VIDA NON É POSIBLE SEN PRIVACIÓNS.
Pero os humanos temos capacidade para establecer unha xerarquía de valores, para establecer prioridades..
AGORA E SEMPRE, O VALOR MÁIS IMPORTANTE É A PROPIA VIDA.
¿Qué non faremos por conserva-la vida?
Temos que construir "novas autopistas" que conduzan as nosas vidas a bo porto.
Parece ser que neste momento son as criaturas as que colleron a "autopista" máis segura e máis rápida.
Se as criaturiñas son capaces de respecta-las normas
¡OS ADULTOS CON MAIOR RAZÓN!
Claro que seremos capaces.
ENTRAREMOS EN RAZÓN PORQUE DO MESMO XEITO QUE UNHA PERSOA INFECTADA PODE CONTAXIAR A MOITAS; UNHA PERSOA LIBRE DE INFECCIÓN PODE EVITAR QUE MOITAS SE INFECTEN.
Na medida en que evitemos a infección, maior será a nosa satisfacción individual e máis a colectiva.
Así de claro.
NESTA EMPRESA VAI A NOSA VIDA.
Esta empresa non paga con cartos.
Paga cunha moeda que non ten prezo.
Paga con calidade de vida.
"CALIDADE DE VIDA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitísimas grazas a todas aquelas persoas que xa tomaron a "autopista" que leva á conservación da vida propia e máis a allea porque teñen moi claro que non hai tempo que perder.
E moitísimas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora