Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moción de 'impostura'

miércoles, 28 de octubre de 2020
A moción de censura é algo que está aí contemplado e amparado na constitución para que si alguén aspira a presidir un goberno e conta con maioría parlamentar poda presentala. O que non cadra é recorrer a ela cando sábese a ciencia certa que non vai saír adiante e entón convertese nun espectáculo incoherente, e coma tal non leva a ningunha parte.

Quizá a única vantaxe, e non é pouco precisamente, consista en ter garantido un tempo de televisión que noutras circunstancias ía costar un ollo da cara, e iso semella ser o que Vox perseguiu con ese ímpeto desenfreado que caracteriza a esta formación política botándose á piscina sen flotador e arriscándose ao que pasou: á "zasca" tremenda de Moción de 'impostura' todos os portavoces comezando pola do PP que miren por onde aí estivo bastante ben, e digo bastante porque o cabal sería que o partido conservador rachara coas alianzas que ten coa dereita extrema, pero algo é algo e... xa veremos.

¿Para que serviu todo isto?, pois para seguir caldeando o ambiente con insultos e ofensas como se os ánimos non estivese xa en estado de ebulición.

É unha mágoa escoitar todos os mércores esas sesións de control ao goberno onde a crispación acada límites extremos, e coma se fose isto pouco montan un programa de televisión en directo con máis do mesmo. A min, que me interesa a política na crenza de ser a ferramenta que pode por solución as cousas da "res pública", resúltame cada vez máis insoportable escoitar estes debates cheos de improperios e referencias familiares, de alusión aos comportamentos dos devanceiros que carecen de xustificación porque o meu bisavó puido ser unha belísima persoa e eu ser un cafre de moito coidado¿non si? Pois iso.

Non sei como a alguén se lle pode ocorrer perder o tempo así co que está caendo. En vez de aportar achegas, de camiñar todos xuntos na procura de mellorarnos a vida, resulta que a nosa clase política prefire entrar en liortas tabernarias sen importarlle un comino os males polo que está pasando a cidadanía. Porque falan e falan de España coma se un territorio tivese vida propia fora dos seus habitantes.

España somos todos nós e semella que para algúns existe coma ente imaxinario e na simboloxía dunha bandeira.

Aitor Esteban estivo brillante cando subiu á tribuna e só dixo que non participaba nesa "patochada" e que cedía os 29 minutos seus ao seguinte da lista. E a bos entendedores...
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES