Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Referencias etnográficas do Concello de A Pastoriza, Lugo (5)

jueves, 12 de noviembre de 2020
AS FESTAS LAICAS
A Rapa das Bestas

O último domingo de xuño celébrase no km. 15 da estrada Mondoñedo-A Pastoriza unha das primeiras "rapa das bestas" do ámbito territorial galego, onde Herminio Pose dice que aínda se seguen levando a cabo unhas 23-4 (Coruña e Lugo), 14 (Pontevedra), e 1 Referencias etnográficas do Concello de A Pastoriza, Lugo (5)(Ourense). As súas orixes remontanse á prehistoria, xa que nalgúns petrogrifos galegos descubrironse representacións de gando equino, o que nos da pe para pensar na existencia dende antigo dunha cabana de gando cabalar e, polo tanto, nunha loita ancestral entre o home e o cabalo. A "rapa" que nos ocupa realízase dende hai uns corenta anos nun marco de gran beleza paisaxística, chamado Campo do Oso, pequena depresión na aba do monte Carracedo, compartida polas parroquias de Bretoña (A Pastoriza) e Santa María Maior (Mondoñedo). A última rapa do ano 2016 foi organizada pola comunidade de montes de Santa Maria Maior, colaborando os equipo de Goberno de Mondoñedo e A Pastoriza, así como a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia.

Os preparativos deste evento inicianse o sábado, cando os gandeiros participantes -a maioría mozos- comezan a xuntar as reses nas cercanías do curro, e dicir dun lugar ao aire libre e pechado por un valado, onde vai a ter lugar "a rapa" ao día seguinte. O domingo pola mañá cedo os mozos da zona van a polas reses e guianas ata o curro. Alí "os agarradores", tamén chamados "aloitadores" tentaran inmovilizar ás reses seleccionadas agarrandoas pola cabeza e o rabo. Acadado o obxectivo cortanlles as crinas e marcanas a lume. Posteriormente, unha vez rematado "o ritual da rapa" o gando é devolto de novo ao monte.

Ao longo da xornada, tamén houbo un mercado de gando cabalar; loita de "garañóns" (cabalos sementais, que se erixen en xefes dunha manada de eguas bravas); e unha degustación gratuita de carne de polero. Finalmente, o día completouse con xogos ecuestres, co sorteo dul poldro, e coa actuación musical dun dúo.

Festa ligada á temática Celta. O Lugnasad.
O primeiro venres de Agosto lévase a cabo este evento festivo dende hai uns vinte anos. É organizado pola Asociación Cultural Auruxeira de Bretoña nunha fraga do coto da Auruxeira, situado ao carón do río Miñotelo, preto da vila de Bretoña (A Pastoriza). Este acontecemento débese a algunha xente nova da comunidade parroquial, que xunto con Aneiros, considerado o druída de Cedeira, tiveron a iniciativa de que a temática celta fose considerada como o principal motor da festa. Polo tanto, trátase dun evento na honra do deus Lug, rei de Irlanda, conmemorada os primeiros domingos de Agosto, momento das colleitas. Neste concello é organizada pola devandita asociación o primeiro venres de Agosto, estando dalgún xeito ligada en canto ao público asistente ao festival de Pardiñas (Guitiriz), que se celebra ese fin de semana.
Referencias etnográficas do Concello de A Pastoriza, Lugo (5)
Nesta festa tentase reconstruir unha sociedade celta con casamentos, xogos, música, xantar e queimada -previamente esconxurada por un druída (sacerdote celta)-. Os casamentos, case sempre de parellas foráneas, se realizan no coto ao serán. Neles interveñen, segundo Sabela Figueira, un druída, que lles da sabios consellos á parella, mentres os noivos collense as mans a través dun burato existente na Pena dos Namorados, elemento incorporado ao ritual; unha sacerdotisa, que lle coloca á parella unhas coroas elaboradas con hedras e flores; unha representación de meigas cuns pequenos potes de lume para espantar aos meigallos; un grupo de gaiteiros amenizando o acto; algunhas persoas atavidas de guerreiros, e público en xeral. O ritual do enlace segue logo coa bebida da queimada, esconxurada para afastar os malos agoiros durante o ano de casamento; e cun xantar en torno a unha mesa circular. Como remate da celebración lévanse a cabo concertos de música ata primeiras horas do mencer. En definitiva, por medio desta festa, trataríase de volver a unha sociedade baseada en ritos antigos ligados coa natureza. Unha sociedade na que a agua, o lume e a vexetación terían un papel relevante.

Por outra banda, "o rol" da comunidade neste evento foi importante para a súa continuidade non só intervindo como actores no seu desenvolvemento, senón tamén realizando aportacións de comida. Nos seus inicios, o Lugnasad naceu da propia comunidade e foi ben acollida pola mesma. Non embargantes co paso dos anos, como ben nos dice Sabela Figueira (gran estudiosa do "Lugnasad"), a xente da bisbarra participa da festa entendida como baile; música; e sociabilidade mais nons se acadou a integración comunitaria nos rituais celtas. En suma, os veciños acuden á festa como tal afastando da mesma o carácter celta. Iso non quita que non valoren á festa mais non a súa caracterización. Malia isto o grupo organizador da festa segue tentando o retorno ao pasado en vías de acadar unha pretendida construcción identitaria. Sen embargo, hoxe asistimos a unha falta de relevo xeracional na coordinación deste acontecemento, identitario para algúns; non para os máis, mesmo xoves, absorbidos por eses arquetipos culturais que a globalización de índole económica está a impor, anulando as experiencias culturais de ámbito local.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES