Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Referencias etnográficas do Concello de A Pastoriza, Lugo (4)

jueves, 05 de noviembre de 2020
As Festas
A maioría dos autores consideran que a festa é algo universal. Non embargantes, esta foi variando en función dos condicionantes de índole cultural e natural, que tiñan as diferentes culturas. Así, no ámbito europeo os rituais festivos estiveron ligados a un referente de carácter astral, no que o sol ocupou e segue ocupando unha dimensión globalizadora mentres que a lúa tiña un carácter parcial influíndo nas festas móviles, como o Entroido, a Pascua, Pentecostés etc. Con respecto á dimensión social, as festas parroquiais tentan transmitir unha imaxe de identidade, afirmando -segundo Xosé Manuel González Reboredo- un "nós" indiferenciado fronte aos "outros". Non embargantes, hoxe o carácter impersoal do asociacionismo vai a alterar a raiz comunitaria, ata o punto que non resulta estraño que xurdan elementos foráneos, como é o caso das autoridades, que se amosan como as impulsoras da celebración.

As Festas Parroquiais
As comunidades parroquiais teñen un santo patrón /patroa, advocación mariana ou advocación cristolóxica, que adoitan conmemorar todos os anos con actos relixiosos e profanos. Os encargados de organizar este evento reciben o nome de "funcionistas" ou "ramistas". Estes encarganse da planificación dos actos relexiosos, reflectidos na misa solemne e na procesión. A misa, é concelebrada por tres ou máis cregos, pertencentes á parroquia e a súa bisbarra; mais hoxe, debido á carencia de cregos, ás veces soamente pode oficiala o párroco. Polo que respecta á procesion adoita percorrer o perímetro da igrexa parroquial, e ás veces o "campo da festa". Nela adoita ir a cruz; o estandarte parroquial; a imaxe do Sto. patrón ou patroa, acompañada doutras, que se veneran na comunidade parroquial; os cregos concelebrantes ou o párroco; algúns membros da orquestra; e parroquianos acompañados ás veces sos seus invitados. Tamén organizan os festexos profanos, e asi mercan os coetes para a festa; contratan as orquestras e grupos de gaiteiros, aínda que na actualidade desto encarganse os axentes comerciais; e subastan os terreos adicados aos vendedores ambulantes.

Tamén algunhas unidades sociais e territoriais menores da parroquia, como as aldeas, teñen a súa propia celebración festiva na honra dun santo o dunha advocación mariana ou cristolóxica. Estas co tempo foron perdendo a súa intensidade e mesmo desaparecendo debido a despoboación existente nos medios rurais.

A festa sempre foi un reflicte da identidade da comunidade; hoxe, sobre todo nas vilas pequenas pode ser alterada pola intervención de elementos foráneos ligados ás máis das veces coas institucións. Ademais, o evento anual serve para comunicar ao grupo comunitario co exterior mediante o baile e a comensalía íntima, fundamentais para coñecer e renovar as relacións familiares e de amizade mediante o intercambio. Así mesmo, o tempo da festa e o intre no que se consinte unha liberación da sensibilidade, e no que os veciños son os actores deste teatro ritualista, que ten lugar no campo ou praza; e tamen no recinto sacro.

Neste concello podemos distinguir as seguintes festas de carácter parroquial:
Festa do San Martiño, parroquia de Corvelle (13 xuño).
Festa do San Xoán, parroquia de Lagoa (24 xuño).
Festa do San Pedro, parroquia de A Regueira (29 xuño).
Festa da Nosa Señora do Carme, parroquia de Úbeda (16 xullo).
Festa da Nosa Señora do Carme, parroquia de Gueimonde (16 xullo).
Festa do Santiago Apóstolo, parroquia de Reigosa (25 xullo).
Festa do San Salvador, parroquia de A Pastoriza (1ª fin de semana de setembro).
Festa do San Salvador, parroquia de Crecente (6 agosto).
Festa do San Salvador, parroquia de Fomiñá (6 agosto).
Festa do San Pedro Félix, parroquia de Baltar (7-8 agosto).
Festas de Santa María, parroquia de Bretoña (23-25 agosto).
Festa do San Miguel, parroquia de Fomiñá (29 setembro).
Festa do San Miguel, parroquia de Saldanxe (29 setembro).
Festa do San Andrés, parroquia de Loboso (30 novembro).
Santa María, en Bretoña (23-25/agosto y 8 de septiembre).
Festa do San Xoan en Lagoa (en torno al 24 de junio).
Festa do San Bartolo en Cadavedo (en torno al 24 de agosto).
San Martiño en Aguarda, finales de mayo; Álvare 28 e 29 de mayo.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania