Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O animal que levo dentro / O que é dun...

viernes, 30 de octubre de 2020
Pingas de Orballo: O animal que levo dentro / O que  dun... Pingas de Orballo: O animal que levo dentro / O que  dun... Sento como o animal que levo dentro cabalga polas entrañas da miña alma. Sento como o lobo que está en min oulea coa emoción de certos momentos. Porque hai momentos que van máis alá do tempo e hai animais que se pegan ó pensamento. Son as catro da tarde e contemplo como o sol penetra por entre as cortinas da ventá. Será por pouco tempo, porque o día non está de quero; por veces chove e por veces está negro... como o entendemento. Non entendo que fai un home intentando imitar o ouleo dun lobo ou deixar que un cabalo cabalgue polos carreiros dun desconsolo.
Sento como a carraxe agacha a cabeza ante a bondade que aniña no meu ollo esquerdo. Este sempre intentou ver e analizar o sentidiño dun simple encontro. Sempre quixo mirar con calma e parsimonia a forma do acordeón da vida, esa que se estira e se encolle ante os instantes que pasan por diante de nós; unhas veces coma un libro aberto e outras nas que hai que abrir unha xaneliña para poder axexar o futuro.
Sento como pasa o tempo e as palabras que se dixeron quedaron aí colgadas para que, un servidor, con certa pachorra, as vaia plasmando nun papel en branco para, co tempo, facer memoria e soñar co encontro, co momento. E xa pode quedar todo en silencio ou rebentar o mundo por culpa dun estoupido que o animal que levo dentro está durmido. Este sabe perfectamente que soñar sempre foi bonito, moi bonito.

O que é dun...
Confeso que a tarde ameaza chuvia. Ó mellor xa está chovendo. Pero amárgame levantarme para mirar se é certo. É igual; chova, non chova hai que seguir para adiante. Por exemplo, comentar unha vez máis que a xustiza no noso país é unha carallada, unha pándega. É que lin dúas novas case seguidas que me deixaron coa carraxe furgando no meu pensamento e tamén medio pampo. Resulta que a unha ourensá, á que uns desalmados lle ocuparon o piso, te que durmir no seu coche. E na Coruña desaloxaron a 13 okupas un ano despois de apoderarse dunha vivenda. Logo, para máis aquel, e como viron e ven que a xustiza é o que é -ou como é-, ós quince minutos xa intentaron ocupar outro. A ver se isto é ou non é puro algueirada.
Sinceramente, nestes casos, a xustiza xa non tiña porque actuar; bastaría con que procedese a policía solicitando as escrituras do piso para saber o propietario do mesmo. Aí está a auténtica lei. Ese simple nome. Se non, para que carallo vale unha escritura! Ninguén ten dereito a apropiarse da propiedade doutro; e coma se o propietario non quere vivir nunca máis no seu piso. Porque o teña abandonado, ninguén, absolutamente ninguén é quen de meterse nunha propiedade que non é súa. O que é dun, non pode ser de ninguén máis. Esta é a auténtica realidade. Non me entra na cabeza que esa señora de Ourense teña que durmir nun coche porque a súa vivenda está ocupada. E menos me entra que haxa que andar en danzas para botar a eses paspáns. A tarde segue negra, coma este tema. Moi triste tal situación.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES