Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Duro de roer

jueves, 29 de octubre de 2020
Quero deixarme levar polo vento, pero a calma é a raíña e señora da noite. Cada vez que quero algo, nada me sae ben. Se quero escoitar ós The Chieftains asoman pola radio os de Metallica. Se quero ver unha película, tan só proxectan un deses culebróns. Pingas de Orballo: Duro de roerCase me dan ganas de sulfatar os meus pensamentos e a ver se así me quedo completamente en branco, a ver se morren as ideas. Porque se ve que as miñas ideas son raras, os meus pensamentos saen ó revés e xa non quero pensar o que pasaría cos meus sentimentos. Case vou coller camiño da estación de Baños de Molgas e ir ata a ponte das Cepas polo medio da vía do ferrocarril. Claro que se vou por aí, seguro que me pilla un tren. E se consigo chegar á ponte das Cepas ata me pode tentar o demo de tirarme ó río Arnoia desde tanta altura. Pero tamén é seguro que aínda que me tire, non me mato, por moitos 48 metros de altura que teña. Como todo me sae ó revés. Ademais, hai anos que me tirei desde o campanario da igrexa de Baños de Molgas, que está a case 30 metros, e tampouco me matei. Non sei se a vida me trata ben ou mal, pero si sei que son duro de roer. Quero deixarme levar polas augas do Arnoia, pero como sempre cruzo pola ponte de Pinouzos, non hai maneira. Pois non sei se non terei que optar por achegarme ata a palleira, coller unha gadaña e a ver que pasa. Seguro que lle corto a cabeza á propia morte. A ver!, a min esta non me leva así como así. Son duro de roer. Xa está; vou tranquiliño ata a ponte das Cepas, que sei seguro que non me vai pasar nada. Marcho.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES