Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tranquimazín

viernes, 09 de mayo de 2008
As confrontacións políticas, loxicamente verbais, acadan a altura que a formación dos interlocutores permite, sempre dentro duns límites que parecen ser estblecidos en cada época polos plans educativos, o nivel cultural do país, e o sistema parlamentario que por certo aquí non permite demasiadas alegrías verbais.

En Galicia parece como se estivesemos subindo o tono de confrontación, e en lugar de usar argumentos como "Vostede é parvo" ou "A súa señoría non sabe o que dí", hai uns días entre voceiros un opinaba do outro que padecía "trastorno bipolar", contra o que seguro poderían argüir con rotundidade os enfermos aqueixados desta complexa enfermidade que non pode ser utilizada como ocorrencia nunha trifulca partidista.

Agora é a Conselleira do ramo da Sanidade á que escoitamos opinar dun opoñente político que en tempos debeu de utilizar abundantemente Tranquimazín, un medicamento relacionado coas enfermidades mentais, estados de ansiedade e outras profundidades da alma humana.

¿Cando aprenderán os políticos a usar as palabras xustas nos momentos axeitados, sen molestar a ninguén, especialmente ós máis indefensos?.

Deberan ser máis conscientes da súa situación de privilexio, disfrutar dela, e falar en consecuencia. E en caso de dúbida, aplicarse o título da canción de Celtas Cortos, para levar con calma unha sempre breve vida política: "Tranquilo, majete, en tu sillón".

Moito sentidiño é o que nos falta.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES