Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando a vontade move monta√Īas

lunes, 26 de octubre de 2020
O d√©cimo cabodano do pasamento do xeneral da Garda Civil Gonzalo Jar Couselo √© o pretexto para rememorar o traballo realizado desde 1990 pola Asociaci√≥n de Funcionarios para a Normalizaci√≥n Ling√ľ√≠stica (AFNLG) para que os corpos policia√≠s en Galicia reco√Īezan e exerzan o r√©xime da cooficialidade ling√ľ√≠stica.

Un proxecto tan ambicioso ti√Īa moitas dificultades. Compr√≠an moitas d√≥ses de imaxinaci√≥n. Pero consegu√≠molo. Houbo que abrir varias li√Īas de actuaci√≥ns. En primeiro lugar alertar aos grupos parlamentarios do Congreso dos deputados da importancia de modificar a cultura dos corpos policiais respecto das linguas cooficiais. Solicitamos das instancias gobernamentais competentes na materia que se arbitrasen medidas para o obrigado cumprimento. Ao tempo, a AFNLG dirix√≠use aos altos mandos do Corpo Nacional de Polic√≠a e Garda Civil inst√°ndoos a modificaren comportamentos impropios dos seus subordinados que afectaban aos dereitos ling√ľ√≠sticos dos cidad√°ns, debendo ser imitados os comportamentos positivos da maior√≠a das polic√≠as locais pola decidida actuaci√≥n dos gobernos municipais.

Despois de moitas conversas cos responsables dos sindicatos policiais, a AFNLG editou unha publicaci√≥n titulada "A normalizaci√≥n da lingua galega no √°mbito do Corpo Nacional de Policia", que foi distribu√≠do amplamente nas comisar√≠as. Dicia aquela Declaraci√≥n: "A recuperaci√≥n social da lingua galega √© unha tarefa inexcusable se queremos ser un pa√≠s democr√°tico e avanzado de cidad√°ns m√°is libres, m√°is cultos e m√°is solidarios. Esta tarefa √© inalcanzable se a ela non se incorporan aquelas instituci√≥n b√°sicas que artellan a sociedade e que son o referente para as xentes do com√ļn". Asinaban a Declaraci√≥n a Confederaci√≥n Espa√Īola de Polic√≠a, Sindicato de Comisarios de Polic√≠a, Sindicato Profesional da Polic√≠a, Sindicato Unificado de Polic√≠a e Uni√≥n Federal de Polic√≠a. Este foi o comezo do cambio.

Paralelamente, f√≥ronse sucedendo reuni√≥ns a caneiro cheo cos comisarios-xefes do CNP, que foron manifestando as s√ļas simpat√≠as coas propostas galeguizadoras coa inestimable colaboraci√≥n dos xefes superiores que eran galegofalantes, Avelino de Francisco e nomeadamente pola constancia de Garc√≠a Ma√Ī√° que ademais era escritor en lingua galega.

Unha parte do proxecto dese√Īado pola AFNLG estaba realizado. A mellor mostra foron as declaraci√≥ns feitas por Xos√© L.Freire, secretario xeral do SUP que un medio de comunicaci√≥n titulou asi: "A reprimenda dos superiores por falar galego pasou √° historia". Efectivamente, o compromiso entusiasta de todos os comisarios-xefes de Galicia foi decisivo.

Con colaboraci√≥ns de co√Īecidos escritores e moitos comisarios, inspectores e polic√≠a da escala b√°sica editouse "Palabra por palabra. Contos da Polic√≠a", unha iniciativa novidos√≠sima sen precedentes .

Pero a√≠nda quedaba por integrar a Garda Civil. Sen a s√ļa incorporaci√≥n o proxecto normalizador quedar√≠a incompleto. Mantiv√©ronse conversas con dous xenerais, Manuel Ferreiro Losada e Gonzalo Jar Couselo, ambos dous galegofalantes, xa falecidos. A sinton√≠a foi total, ata o punto de que este √ļltimo, que amais de xeneral de divisi√≥n era profesor universitario e autor de numerosa bibliograf√≠a, ped√≠ra o ingreso na AFNLG.

Pero a√≠nda quedaba dous puntos de soldadura importantes. Primeiro, a celebraci√≥n dun seminario en r√©xime de internado unha fin de semana no Hotel Mosteiro de Aciveiro. Naqueles d√≠as de memorable nevarada, participaron todos os comisarios e xefes da Garda Civil e unha representaci√≥n de xu√≠ces e fiscais da Irmandade Xur√≠dica Galega. O Fiscal Superior de Xustiza, Carlos Varela Garc√≠a foi decisivo neste proceso, para estudarmos o alcance da normalizaci√≥n ling√ľ√≠stica nas instituci√≥ns policiais e unificar criterios nas actuaci√≥ns; e 2) a publicaci√≥n dun voluminoso libro (759 p√°xinas), titulado "En galego, con toda seguridade" (p√≥dese descargar en www.galeguizargalicia.gal), ao coidado do dese√Īador gr√°fico e fot√≥grafo, Pio Garc√≠a coa colaboraci√≥n de moit√≠simos mandos policiais, e tam√©n a participaci√≥n de medio cento de alcaldes e os xefes das respectivas polic√≠as locais con cadanseu texto apoiando a normalizaci√≥n ling√ľ√≠stica. Para a s√ļa edici√≥n contouse coa subvenci√≥n da Secretar√≠a X. de Pol√≠tica Ling√ľ√≠stica, que ent√≥n dirix√≠a dona Marisol L√≥pez.

Rematou o proxecto iniciado en 1990 cunha coidada posta en escena da presentaci√≥n da devandita publicaci√≥n no Hostal dos Reis Cat√≥licos na que participaron 250 uniformados de todos os corpos policiais e graos. Non podo po√Īer cabo a este relato sen contar unha an√©cdota reveladora, porque manifesta a importancia do entusiasmo que require calquera iniciativa para chegar a bo fin: convid√°ramos ao Presidente da Xunta de Galicia a presidir o acto. Pasaban os d√≠as e non ti√Īamos a confirmaci√≥n do seu Gabinete. Ata que por fin, despois de insistirmos moito, media hora antes do comezo recibimos unha chamada telef√≥nica anunciando a s√ļa presenza. Unha comisi√≥n recib√≠uno na porta do Hostal. Cami√Īo da Capela Real colleume dun brazo e preguntoume confidencialmente: Canta xente hai? Pensar√≠a que seriamos unha d√ļcia como moitos. Ti entra e xa ver√°s, respond√≠nlle. Chegados √° entrada da Capela, sorprendido por aquel escenario d√≠xo: Isto non ser√≠amos capaces de facelo n√≥s!. Presidente, d√≠xenlle, a vontade move monta√Īas.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador)
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
ACTUALIDAD FONMI√Ď√Ā
Blog Fonmi√Ī√°
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania