Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando se van os bos

miércoles, 28 de octubre de 2020
Vaise Pepe Mujica e un non pode deixar de lembrar cando José Antonio Labordeta abandonou o seu escano e a golpe de xota dixo aquilo de "nos vamos los buenos y se quedan los guapos".

De certo íbase un home honesto que sempre levou a voz da súa xente xa fora en palcos de música ou na tribuna do congreso dos deputados que debería ser o máximo púlpito do país ao que accedera todo aquel que realmente ten algo que aportar. Por desgraza, non é así e, quizais, estean chegando máis guapos que bos.

Agora a política perde outro referente de honestidade que é Pepe Mujica; quizais, o único político que ergueu a bandeira da austeridade de xeito totalmente coherente, non como aqueles que a esixen sempre no lombo dos outros, sendo os outros os máis desfavorecidos.

Eu a Pepe Mujica deséxolle a xubilación que merece e ben anos para disfrutala pero, sobre todo, agradézolle que fora un piar para seguir crendo na política e agardo que se converta en referente dos que virán porque fannos falla moitos Mujicas, moitos Labordetas, moitos políticos capaces de unir, convencer, sementar benestar e futuro. Fannos falla, por iso cando se vai un bo queda unha tristura e unha sensación de desasosego e incluso de soidade desolada porque hai poucos bos entre tanta elite con ambicións de dominar o mundo, aínda que sexa pola forza…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES