Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Situación Crítica

miércoles, 28 de octubre de 2020
Situación crítica. Situación crítica é a que teño. Estou sentado na galla dun castiñeiro e non sei como baixar. A verdade é que tampouco sei moi ben como subín. Nin o tempo que levo nela. Sei que á miña beira hai unha rula mirando para min, e non me ten medo! Serei un espírito? Serei medio homiño? Que fago nun castiñeiro cando este se bica cun piñeiro? Por que non subín ó piñeiro? Situación crítica. E non xa porque non sei como baixar, senón por que estou aí, que pinto aí. O último recordo que teño era que eu asubiaba o retrouso dunha canción e que coa aguillada que levaba na man dereita zorregaba nos fentos ata partilos, ata tallalos. Si, ás veces, son algo besta. E xa non lembro nada máis para acá. Penso se algo me faría mal. Pero un bo repoliño cun cacho de touciño e outro de chourizo que mal poden facer? Da comida non pode ser. Bebín media xerra de auga. Seguro que disto tampouco é. Se estivera nunha película seguro que sería porque me darían algo daniño a tomar. Pero non estou nunha película. Ou si. Porque sigo sen entender que pinto eu subido á galla dun castiñeiro. Logo, para máis aquel, esta rula que está á miña beira estame poñendo moi nervioso. É bonita de raio! Situación crítica a miña. Cheguei sen saber que chegaba. E non sei para que cheguei. Empezo a desesperar. E teño que baixar como sexa. Ergo da galla. Empezo a suar coa angustia. A rula mírame de esguello pero non se bota a voar. Déixome caer. Entón si; entón a rula emprende o voo asustada. Eu quedo suspendido no aire. Situación moi crítica.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania