Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A limpeza e as pandemias no pasado

viernes, 23 de octubre de 2020
O pasado tamén nos aporta valiosas informacións para orientar a nosa vida neste angustioso presente da pandemia do Covid-19. E detrás de todo asoma os seus efectos o grao de civilización no que nos encontramos.

Sexa hoxe a limpeza, o mesmo baño e o lavado, porque aínda agora os sanitarios teñen que recordarnos a conveniencia de lavarse a mans con frecuencia, e incluso cando unha persoa frecuentou un lugar de certa sospeita de contaxios, é preceptivo lavar a roupa e ducharse coidadosamente. Esta esixencia é molesta; pero, en prevención sanitaria, é considerada racionalmente necesaria.

Miren vostedes por onde os nosos receos habituais nestes casos nos levan a unha cualificación pertinente cando se nos atribúen actitudes atávicas, posto que nos tempos pasados, situémonos na Idade Media, iso da limpeza corporal non se facía por razóns hixiénicas, en xeral. E tampouco algúns individuos, vítimas das extravagancias destes tempos, parece que tales razóns non os preocupan cando exhiben publicamente todo xénero de desaliños para comunicar desconformidades sociais ou, sinxelamente, facerse ver como orixinais e talentosos.

Pero sigamos, que hai máis cousas que saber e aprender. O caso élles que na Idade Media as persoas, segundo escreben os estudosos desta temática, acostumaban manter a limpeza por respecto aos seus superiores e demais persoas do seu entorno, é dicir, por unha especie de coacción exterior e razóns sociais. Na actualidade, salvo casos excepcionalmente especiais, esa coacción exterior incorporouse nos comportamentos ordinarios das persoas, fíxose interior, e, dende nenos, lavámonos por unha certa esixencia da nosa mesma intimidade. Porque, ademais, sobre nosoutros o que exerce verdadeira presión neste senso é o mesmo código social do comportamento, o que os psiquiatras designaron como SUPER- YO.

Todos estes altibaixos dalgúns comportamentos humanos están en estreita correlación co grao de civilización: Os individuos non chegan civilizados a sociedade, van civilizándose, aínda que a continuidade deste proceso vese, ás veces, interrompido. Así, parece que nos séculos XVI e XVII a xente lavábase menos que en etapas anteriores. Pero hai que profundar un pouco máis e buscar as razóns, que, segundo nos informan os historiadores e sociólogos, existen: O descenso que sufriu o aseo nestes séculos parece ter unha explicación en que na Baixa Idade Media había a sospeita xeral de que nas casas de baños collíanse enfermidades perigosas. Por esta razón comezou a auga do baño a ser considerada perigosa para a saúde.

Así pois, pese a que aquelas xentes non coñecían as formas de contaxio, nin a transmisión das enfermidades, tampouco se debe restarlle importancia a esta interrupción no proceso civilizador relativo a limpeza corporal. Tamén naquel entonces asestaban as pandemias, con doenzas masivas, que levaban a pensar en posibles envelenamentos, atribuídos a auga quente. Desta maneira xurdía un medo horrible que conducía ás prohibicións, máis ou menos racionais, das que, malia o noso estado de coñecementos sanitarios, na actualidade, seguimos nestes tempos soportándoas.

Tampouco cabe estrañarse, como se di coloquialmente, que, por moito de correcto que teñan hoxe os diagnósticos e correspondentes terapias da pandemia que nos afecta, por parte de profesionais ben formados, os enclaves fantásticos aínda pululan nos pobos da nosa actualidade. Non esquecemos que nos mesmos séculos XVII e XVIII as advertencias sobre o uso da auga seguen, se ben dirixidas aos danos que pode facer a pel e de cómo nos deixa afectados de catarros. Pero, ademais, se nos permiten, consideramos unha fantasía actual, iso de que un laboratorio chino, por razóns de estratexia política, estivo descoidado cun virus elaborado no mesmo.

Non dubidemos de que a INSEGURIDADE na previsión dos perigos que nos rodean, e a fantasía que uns e outros esperan no futuro, fannos adoptar comportamentos incoherentes co noso grado de civilización. E, por suposto, que a incapacidade manifesta dos gobernantes para dar seguridades aos cidadáns contribúe a sementar de incertezas unha situación que, xa por si mesma, alberga bastante desorientación e confusión. En todo caso, se queren ver esta opinión como pesimistas, fágano; pero non esquezan que os que onte practicaban o pesimismo tiveron que acadar o poder para simular ver hoxe todo con ollos optimistas, miopes ao que teñen entre mans.

Para terminar, un reiterado recordo. Creo que foi Goethe quen definiu o home como un ESPÍA DO FUTURO, e collendo desta frase unha idea aproveitable para a situación dos españois, atrévome a reafirmar (as pertinentes investigacións, antes ou despois, algo dirán ao respecto) que os políticos investidos do poder, coas obrigas do seu uso, pola soberanía do pobo, en vez de ser hábiles espías do futuro dos cidadáns, aplicáronse descaradamente a dar no presente solución aos problemas propios, acadando consensos híbridos, despois dalgunha pelexa na que se verteron expresións de mutuo rexeitamento no esencial, que, con estraño paradoxo, deviñeron concordantes. Porque, segundo retrousaron á crítica, era a única solución posible. Para o interese público ou para o propio de cada partícipe?.

E, no caso da pandemia, advertidos polos científicos do perigo que se nos aproximaba, e pola súa evidencia xerada na China, parece que os oídos dos que tiñan a obriga de adoptar as prevencións adecuadas volvéronse xordos, debido a ese ambiente do politiqueo ocasional. Pero a resposta ante a realidade, aínda que hai que recoñecer que foi enérxica, estivo sempre sostida pola arrogancia dunha especie de lavado das mans como Pilatos. E agora, experimentado na súa propia carne os efectos do perigo denunciado, respóndese refoleando, sen poder conter, ante tamaña irresponsabilidade, os exabruptos da manifestada incapacidade para dar respostas coherentes ante tales situacións.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES