Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da mesma madeira

jueves, 22 de octubre de 2020
Viaxar pola costa lucense evidencia a vitalidade da comarca, en contraste co interior provincial. De sempre, a costa foi terra de promisión, leira inmensa na que non había que sementar nin sachar senón só recoller unha produción inagotable, complementada pola froitosa agricultura. No interior, só existía unha agricultura e gandería de subsistencia que o tempo se ocupou de barrer, coa despreocupación dos gobernos que viron como os concellos peor comunicados quedaron sin producción, traballo nin xente.

Deste éxodo beneficiáronse a capital, as grandes localidades, a Costa, e as zonas desenvolvidas do Estado e dos países europeos máis avanzados. O equilibro entre a costa e o interior rachouse, con excepción dos lugares que atraían migrantes e con eles os rapaces en idade de estudiar, mentras os maiores foron morrendo, pechándose milleiros de casas, despoboándose centos de aldeas.

Agora, periga medio milleiro de postos de traballo directos, e moitos máis indirectos, co posible peche de Alcoa e os afectados, en pe de guerra, fanse oir en Galicia e Madrid, e os gobernos galego e nacional preocúpanse por evitar esa catástrofe. Os movementos de loita por manter postos de traballo seguen a ser a mellor forma de dialogar.

O interior nunca tivo quen denunciara a situación que nos foi matando xeográficamente pouco a pouco, e que vai ser moi difícil reparar. Será que os da Costa teñen o sangue mais vivo para defender dereitos e posibilidades? Será que só reaccionamos cando os problemas xorden de repente, e non tomamos conciencia dos que nos van roendo por dentro?. Pode ser que non esteamos feitos da mesma madeira.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania