Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Intentámolo?

jueves, 22 de octubre de 2020
Estamos pasando por unha etapa de especial dificultade como son tódalas pandemias.
Uns máis e outros menos, todos estamos sufrindo os efectos desta situación.
É O RETO QUE NOS TOCA SUPERAR NESTA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XXI.

Noutros tempos tamén houbo pandemias e, seguramente, moitos menos medios que os que temos agora.
¡E SUPERÁRONSE!

Os nosos antepasados próximos tiveron que pasar a peste, guerras e moita estreitura económica e socio-cultural.
E con moito esforzo, con moito sacrificio e con moito tesón…
¡SUPERÁRONSE!

A verdade é que ó século XX non lle faltaron problemas e, con todo, foi un século de progreso e prosperidade.
De feito a xente nova actual encontrouse ante unha etapa de certa bonanza, que prometía…
Prometía; pero cambiaron as tornas.
O coronavirus cambionos o rumbo.
Deunos unha freada en seco.

Estamos ante un cambio totalmente inesperado.
Tanto foi así que ata estivemos confinados e actualmente tampouco se pode dicir que gocemos de moitas liberdades.
E TAMPOUCO TEMOS CLARO O QUE NOS ESPERA…
¿Qué facer entonces?
¿QUEDARNOS QUIETOS ESPERANDO QUE TODO ESTO VOLVA Á SITUACIÓN ANTERIOR?
¡Non, claro que non!
O de antes xa pasou.
Xa é auga pasada, é historia pasada.
AUGA PASADA NON MOVE MUÍÑO.
NADA VOLVERÁ A SER IGUAL.

De momento estamos tendo moitos cambios no noso ritmo de vida e aínda non se sabe os que nos esperan…

TRÁTASE DE ADAPTARSE Á NOVA SITUACIÓN CON FÓRMULAS NOVAS.

Temos que intentar por tódolos medios seguir loitando por construír ese mundo mellor co que todos soñamos.
TEMOS QUE ADAPTARNOS ÓS NOVOS TEMPOS.
Sabemos que non será doado; pero…

¿CANDO FOI DOADO SAÍR ADIANTE?
Os nosos ancestros loitaron arreo.
Nós loitamos canto poidemos.
E os que veñen detrás terán que seguir loitando.
O que non podemos é perde-los ánimos.

Temos que confiar no futuro loitando no presente moi duro, MOI DURO.

PENSAR SEMPRE EN POSITIVO, PORQUE NINGUÉN SABE DO QUE É CAPAZ ATA QUE SE VE NA NECESIDADE.
ESTE MOMENTO PODE SER UN MOMENTO DE NECESIDADE CHEO DE NOVAS OPORTUNIDADES.
Cada persoa según ás súas capacidades e as súas circunstancias persoais ten que buscar a maneira de relizarse e cumpri-los seus soños.
Non podemos “tirar a toalla”
TEMOS QUE SAÍR A FLOTE.
E sairemos, porque o virus non vai ser eterno.
Moitas persoas estamos buscando a meneira de “acorralalo”.

UN DÍA PASARÁ Á HISTORIA E A HUMANIDADE SEGUIRÁ OS SEU CAMIÑO.
E ten que ser un camiño de prosperidade e progreso.
Ese camiño construirémolo entre todos.
Ese camiño xa empezou.
Haberá que construílo con novas autopistas.

“NOVAS AUTOPISTAS”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por non tirar a toalla.
Vostede será unha peza clave para colaborar na construcción das novas autopistas cara o futuro que queremos.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES