O medo aos nosos medos
Cardalda, Theo - jueves, 08 de mayo de 2008
Os tempos de agora non son moi doados e coido que os vindeiros non sexan mellores ante tanta globalización do capital e cada vez menos do social. Isto repercute no significado real de palabras como: traizón, desconcerto, humillación, loucura, soidade, tristura, mentira, desconfianza e medo; todas elas atópanse hoxe máis ao orde do día que fai vinte anos.
De todas esas palabras o medo domínao todo. Grazas ao medo fan de nós o que queren, limitan as nosas conciencias ata perder o criterio propio. A solidariedade, o orgullo, a dignidade xa non existe. Só existe o medo.
A cotío están as caixas tontas, as radios e os medios escritos a meternos o medo no corpo á maioría do persoal. Os que fomentan este pánico (capitáns democráticos que levan este navío chamado planeta) son os que máis medo real teñen e con elo xustifican leis e accións aberrantes dándolle unha capa de verniz como se foran xustas e democráticas.
Este planeta xa non é o que foi desde aquel 11S do ataque ás Torres Xemelas, o medo apoderouse de nós e con elo xustificouse a barbarie; comezouse a matar mosquitos con escopetas. Coido que algún día teremos a verdade sobre este atentado, agora sábese que do informe gobernamental algúns investigadores atoparon 115 mentiras. O importante para os capitáns dos navíos democráticos naqueles intres era fomentar o medo.
O gran escritor Eduardo Galeano falaba do medo cunhas verbas que me impresionaron, comentaba: A democracia ten medo de lembrar.
Coido que nós temos o pánico de descubrir a verdade por medo aos nosos medos.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora