Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (29): 'Muiñeira' (1)

viernes, 30 de octubre de 2020
"Muiñeira" é un poema conformado por seis serventesos de rima (ABAB). Os versos, pouco frecuentes en Avelino Díaz, son de arte maior, concretamente hendecasílabos dactílicos con acentos nas sílabas 4ª,7ª e 10ª, aínda que na súa forma plena son en (1ª, 4ª, 7ª e 10ª) que na poesía que tratamos tamén é un esquema usado en bastantes versos. Esta variedade de hendecasílabo que coincide co hendecasílabo de muiñeira, nace do son da nosa danza e tamén se coñece como hendecasílabo de gaita galega que, ao meu parecer é o endecasílabo dactílico o que ten orixe galega, e non ao revés, como pretenden facernos crer, cousa que tamén opinaba o crítico e filólogo Manuel Milá y Fontanals. As razóns que damos é que os hendecasílabos casteláns: enfático, heroico, melódico e sáfico teñen os seus acentos en 6ª sílaba e nada teñen que ver co acento en 7ª sílaba do galego e que lle confire un ritmo moi especial, propio da nosa gaita e da nosa música, e coincide perfectamente coas puntadas propias da danza da muiñeira.

Como vemos, o autor adaptou perfectamente o metro, o hendecasílabo coa temática da que trata, a muiñeira, e o ritmo que é a combinación harmónica dos sons máis e menos fortes están cravadiños no poema:
1-2-3-4-5-6-7-8-9-10-11
A poesía de Avelino Díaz en Debezos (29): 'Muiñeira' (1)
Ata tal punto que eu, atrevinme a darlle música e corresponde fielmente coa nosa muiñeira, pero se aínda por enriba o contido trata de como se baila, entón a unidade é total.

Todo o poema versa sobre unha rapaza que sabe bailar divinamente:
"Cando te pos a beilar a muiñeira
parez qu-a gaita mais leda aturuxa
i-hastra semella, xenial lanzadeira,
que tes un pouco de santa ou de bruxa"

Continúa o seguinte serventés dicindo que "beilando sabes filigranas tecer" e "non sei s-es ánxel, beilando ou muller"
"Cando tu sigues o punto arroutada
ou ben, se fuxes, en roda, a beilar,
co ese feitizo de meiga ou de fada,
mais que beilando semellas voar"

Facendo fincapé da nosa danza colaborativa como unha continuación dos traballos do campo, pero de lecer, e que esta danzarina ou bailadora faino tan ben que o poeta sabe que a miran os ollos de Deus e "/de que te vaias axiña pr-o ceio/ pr-a adeprenderlles ós ánxeles seus/", que son os anxos de Deus.

Remata o poema desta maneira:
"Ogallá nunca tu sintas desganas
que, a meiga danza da nosa Galicia,
ten, no teu arte, feitizos extraños
que nos espritos sementan ledicia".

"Pois ó mirarte, n-ese ir e voltar,
cal se tiveras duas áas nos pés,
a tod-as as xentes lles fas aledar
con ese meigo beilar que ti tés".


NOTAS:
1.- Opera cit. Páx-64.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES