Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Censura Sexual / Esperando ó final da etapa

viernes, 23 de octubre de 2020
A rede social feisbuq retira un anuncio de cebolas por consideralo sexual. Aí queda iso! Tal anuncio seica amosa unha morea de cebolas nun cesto de vimbio e unha aparece cortada pola metade, onde, parece ser, está a carga sexual. Por moito que miro á cebola partida, non hai maneira!, non me excita! Estarei capado. Será a idade. Ás veces non Pingas de Orballo: Censura Sexual / Esperando ó final da etapaqueda outra que rir por non chorar. Aínda que tampouco me sorprende moito. A min xa me teñen "castigado" por dúas veces porque quixen publicar uns carteis cinematográficos (quizais máis coñecidos por carátulas) sobre dúas películas. Carteis que, por suposto, cando estrearon as películas nos cines, se expuxeron nos taboleiros de anuncios, nas paredes ou nas portas das salas cinematográficas á vista de todo o mundo. Lembro que nun dos carteis asomaba unha muller na que se lle intuía (que non é o mesmo que ver) un peito ó descuberto. Os que me coñecen desa rede social saben perfectamente que estou subindo sempre carteis cinematográficos ó meu muro. Pois ben, algún méteme no cuarto de estudo porque non sei se mo rexeitarán ou non. E tamén máis dun tiven que renegar del (por se aquel) e optar por outro no que nin tan sequera se "insinuase" nada de nada. Ante isto, a min a moralidade do feisbuq dáme moito por aquel. Pois é unha moralidade estúpida, ridícula e sen sentido. E non quero meterme xa no aspecto moral de moitos que rexeitan publicacións ou películas nas que asoman palabras ou imaxes relacionadas co sexo. Se semella que aínda estamos peor ca nos anos da pera, onde era pecado falar da sexualidade. E así pasaba o que pasaba.

Esperando ó final da etapa
Hoxe empezou a Volta Ciclista a España. Teño que estar pendente das etapas. Sempre me gusta ver polo menos os últimos quilómetros de cada etapa. E se non podo velos en directo, intento ver os resumos que adoita facer a televisión á última hora da noite; tampouco me importa que sexa de madrugada. O caso é ver ciclismo, ese deporte apto tan só para certos heroes. Son as tres e media da tarde e sei que xa están Pingas de Orballo: Censura Sexual / Esperando ó final da etapatelevisando a etapa. Pero como tamén hai máis cousas para facer (porque un servidor, por veces, fai cousas), dedícome primeiro a estas e, logo, o dito: últimos quilómetros pola televisión.
Ata que non marche para a tele podo dicir que fóra ameaza chuvia e que un tema musical da película "Cowboy de media noite" penetra polos meus oídos. Por certo, gran película. Vou intentar facer unha desas cousas que comentaba: por exemplo, asubiar con parsimonia unha canción para que viaxe nunha aireada ata o alto dos Castros e alí rematar acubillada á beira dun piñeiro. Tamén podo deixar que Henry Mancini me amose o ritmo musical de "Almorzo con diamantes" ou que un lóstrego caia moi cerca da aldea de Santo Tomé. Ás catro menos cuarto da tarde aínda teño tempo de comentar que o virus que nos está acurralando segue espallándose cada vez con máis forza. O maldito é duro de roer. Sei que nos custará vencelo, pero ó final conseguirémolo. Claro que eu, se vexo que tal, marcho para o Polo Norte. Porque o meu amigo extraterrestre aínda tarda uns anos en volver. Agora que xa fixen cousas, recollo e marcho ver ós heroes da ruta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES