Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Referencias etnográficas do Concello de A Pastoriza, Lugo (2)

jueves, 22 de octubre de 2020
Lendas Haxiográficas
As lendas de carácter haxiográfico reflicten algún feito ligado á Virxe, aos Santos e mesmo a Jesucristo. Nesta modalidade distingo a "Lenda sobre a orixe do Santuario do San Xiao (Baltar)". "Hai moitos anos algúns veciños da parroquia de Baltar atoparon a imaxe do santo ao carón da fonte e levarona para a igrexa parroquial, que era o lugar onde se encontraba. Logo volvía a aparecer ao pé da fonte, e levabano de novo para a igrexa, e asi varias veces, ata que os veciños decidiron construirlle unha capela no lugar Referencias etnográficas do Concello de A Pastoriza, Lugo (2)da aparición" (Blanco Prado, 2004). Este tipo de lendas tiñan como finalidade crear a sacralización histórica dunha imaxe e dun lugar, usandose nalgúns casos como barreira na memoria popular para esquecer o culto pagán, que se levou a cabo orixinariamente naquel lugar. Os lugares de aparición, moitos dos cales encóntranse alonxados das poboacións, no campo e no monte, foron valorados como lugares de culto por medio de lendas. Nestes lugares as comunidades respectivas cambiaron o espacio construindo dun xeito permanente santuarios.

Lendas sobre seres causantes do medo infantil
As lendas sobre seres, causantes do medo aos cativos, están referidas aos nomeados "Cocos", seres de variadas formas e indefinidos, que utilizan os adultos para asustar aos cativos coa finalidade de que cumpran o que estes lles mandan. Reciben nomes diferentes: Paparrasolla, Rausola, Papón, Zampón, Pispota, Sacauntons, Chupasangues... Na Pastoriza, descubrimos dous tipos de Cocos: a Garavanceira e o Sangrón. A Garavanceira é un Coco femenino, que vive nun camiño cheo de silvas, herbas, e fentos no que non se pode entrar. O neno ou nena que entra nese lugar exponse a que a Garavanceira o colla e o introduzca nun saco para logo vendelo (Galicia Encantada, Reigosa, 2012. Belen Chao Anega). Pola contra, o Sangrón é un ser de gran tamaño e vitalidade, que colle aos cativos para quitarlles a súa sangue e bebela.

Lendas sobre seres extraordinarios
As lendas sobre seres extraordinarios, están ligadas aos Encantos, aos Mouros, e as Mouras.
Os Encantos son seres plurais da mitoloxía galaica, que poden amosarse de varios xeitos: como un ser que podemos comparar a un mouro, moura, anano, xigante...; como un obxecto, que mediante desencantamento muda ouro; baixo a forma dunha "galiña con pitos de ouro"; e, tamén, baixo a forma dun ofidio, que hai que bicalo tres, setes ou nove veces no pescozo ou na boca para desencantalo (Vítor Vaqueiro, 2011, páx. 185).

Lenda da Fonte do Tesouro
A fonte está situada no "Coto de Auruxeira", preto da vila de Bretoña; e coñecida xa que é un dos lugares relacionados coas bodas celtas do Lugnasad. Dícese "que nesa fonte aparece unha galiña con pitos de ouro nas noites de luar" (Sabela Figueira, 2006).

Lenda de Lagoa (A Pastoriza)
Coméntase "que unha galiña e os seus pitos, acompañados dunha fermosa señora, saíronlle a unha muller ao camiño" (Cuba, Diario "El Progreso", 1º, 3-8-1989).

Lenda da escada de ouro
Teñolles oído "que do castro de Seivane (Abadín) ao de San Martiño dos Cucos (A Pastoriza), que son as dúas parroquias, que lindan unha coa outra, que alí hai outro castro, no que había unha escada de ouro, que ainda non se atopou" (Equipo Chaira, 2004, páx. 34).

Lenda sobre o Castro de Saá
Contase que "nun lugar moi cercano ao castro de Saa hai un tunel, que foi realizado polos romanos, para ir dun lugar a outro. E dícese que no seu interior hai unha grade de ouro e outros obxectos moi preciados; mais ninguen entrou no tunel por medo a que pudiera derrumbarse".
Os encantos ao ser de variadas formas, confunden, atemorizan e impresionan aos humanos. Ademais se un desexa o tesouro que posue o Encanto, que vive en fontes, covas, mamoas, castros, pode perder a vida.

Lenda do tesouro da Pena do Leiro
A Pena do Leiro está no concello de A Pastoriza. O seu nome débese a que por alí era o sitio de paso dun oleico, que vendía olas e cacharros de barro. "Un día viu ao lonxe uns pitiños pequenos moi amarelos e ao ir acercándose a eles, comprobou que eran de ouro. Nese momento apareceu un mouro e díxolle que non lles tocara, pois traeríanlle unha desgracia. O home quedouse pensando e botou contas; con un só dos pitiños xa gañaba mais que co que puidese vender en toda a súa vida, epolo tanto decidiu coller un pito. Cando tiña o pito na man, a terra empezou a abrise, fíxose un burato no que caeu enterrado e tapado cunha pena das que lle caeron encima" (Reigosa, Galicia Encantada, 2012).

Os Mouros, son seres tamén ligados coa mitoloxía galaica. Posúen unha pel terrosa, xa que viven no subsolo dos castros, mamoas, covas, penedos, dos que foron os seus constructores. Levan a cabo tarefas propias dos humanos, como cociñar, lavar, enxugar a roupa e tendela, fiar, tecer, ir por auga, ter cabalos, darlles de beber... Non embargantes, son de maior tamaño que os humanos, mesmo xigantes. Malia isto manteñen relacións cos humanos aos que lles dan ouro a cambio dalguns labores, que lles realizan. Para algúns son os antigos habitantes de Galicia, comparables aos Pictos escoceses, aos Korred bretóns, ais Fennianos irlandeses... (Cuba, Miranda, Reigosa, 1999, páx. 171). Estes seres teñen importantes tesouros e obxectos de ouro, aos que non lles dan importancia.

Lenda de Penacorveira
A miña avoa materna facia referencia "a que no lugar de Penacorveira (Pousada) durmían uns mouros baixo unhas penas e alí convivían día a día. Tamén dicía, que facían o lume, xa que aquelas penas tiñan polo fondo un cor ennegrecido" (Fonmiñá. Vellos con Historia).

Lenda do Monte de A Pastoriza
A xente refire "que un mouro se encontra enterrado nun monte de A Pastoriza e que posúe moitos tesouros. Tamén se dí que nese mesmo lugar hai unha igrexa baixo a terra".

Lenda do barrio de O Alto
Neste barrio de Pousada hai un castro. Ali contaba a miña nai "que os mouros deste castro comunicábanse por medio de sinais de fume cos do Castro de Saa" (Vellos con Historia).

As Mouras son seres mitolóxicos, que reciben os nomes de dona, encantos, señoras, princesas...; posúen unha gran beleza, e viven nos mananciais, castros, penedos, onde amosa peiteando os seus cabelos rubios. Teñen ao igoal que os Mouros importanes tesouros de ouro. De costumes nocturnas; a súa presencia adoita ser preferentemente na noite ou no abrente do día de San Xoán. Algunhas das súas pecualiaridades ligana coa auga, a lúa e a serpe. Ademais, algúns dos seus trazos son de carácter violento.

Lenda do Vilar e a Corota
Dícese que "entre o Vilar e a Corota, había unha cova na que vivían encantos, e que nalgún tempo lles vían a roupa tendida, e se se pasaba por xunto deles cando se estaban peiteando, preguntabanlle a un quen lle gustaba máis ser: el ou a peineta, que tiña. E contan que un respondeu a peineta, e entón agarrouna e tiroulla a un pé, e dende aquela o home quedou coxo" (Vellos con Historia).
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES