Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: As troitas do Arnoia

jueves, 22 de octubre de 2020
O home estaba sentado á beira dun piar da ponte que cruza para o monte de Pinouzos. Boteille unha ollada de esguello. Era moreno, barrigudo e cun ollo birollo. Moneeille coa cabeza. Contestoume da mesma maneira. Cando pensaba seguir andando, noteille algo na ollada que me fixo miralo de fronte. Os seus ollos brillaron, déronme a entender que quería parola ou polo menos que quería preguntar algo pero que, polo que fose, non se atrevía. Achegueime con calma a el. Ó mesmo tempo xa lle ofrecía un cigarro que acaba de sacar do peto da camisa. E agora si o saudei cun boa tarde nun ton abondo amigable. Tamén contestou o mesmo. Sentei á súa beira e sen máis xa me lanzou a pregunta que, penso, tanto ansiaba. Que se se podía pescar nesa parte do río. Sinceramente, amigo, nin idea, lle contestei. Porque realmente a min a pesca... Lembro que unha vez de rapaz gozaba pescando porque os peixes picaban que nin o demo. Pero cando estes non querían, a min aquilo matábame vivo: perder o tempo para nada. Non obstante, díxenlle que por aí debía haber algún letreiro que me soaba que poñía acoutado, pero que seguía sen entender moi ben. Presentouse. Dixo que se chamaba Facundo Falesta Suárez e que viña dunha aldea do alto, do norte de Lugo. Cando notou que eu abría os ollos de asombro, axiña explicou que andaba a facer turismo por todo Ourense e que alguén lle falara das troitas do río Arnoia. Díxenlle que, por oídas, xa non estabamos nos tempos de antano, que agora era raro ver unha troita. Pero xa que estou, acabou rematando. Pois veña, vostede ó seu e eu ó meu. Despedímonos cun adeus.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania