Alemania
							Xiz, Xulio - miércoles, 07 de mayo de 2008
							  Debo estar evoluíndo hacia unha especie de urbanofilia (ou fobia), porque cada vez que viaxo fóra vexo eses lugares con prisma lucense, ou vexo Lugo co prisma deses lugares. E sempre, por lucense, resulto perdedor. 
Coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, veño de viaxar polo sur de Alemania. Poido non sintonizar co carácter alemán porque evidentemente son latino, pero teño que admirar o cronométrico cumprimento que os peatóns fan das normas de tráfico, a fermosura das paisaxes urbanas dos pequenos pobos nos que non hai un só elemento de distorsión, ou a explotación turística dos elementos máis sobranceiros da natureza ou da monumentalidade. 
Emocionoume a Núremberg murada (¡canto poderiamos aprender!), como me arrepiou visitar o lugar das concentracións nazis; Baden Baden non é moito máis ca un Mondariz Mondariz alemán, coma as viaxes polos  Cañóns do Sil teñen pouco que envexar (algúns castelos) ás navegacións polo Rhin. 
A Asociación de Amigos do Camiño ten un mérito tremendo ó conseguir desplazar, neste caso por Alemania, cento sesenta e pico viaxeiros que representan outras tantas sensibilidades, que unhas veces somos obedientes cumpridores de normas e programa, e outras demostramos ser o mellor de cada casa. 
Magnífica viaxe, na que vimos un anaco do mundo no que os lucenses temos moito que aprender. Antes de gobernar Lugo, os concelleiros  tiñan que facer esta viaxe.
							
							
 
							Xiz, Xulio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora