Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Fun ó centro

martes, 20 de octubre de 2020
Hoxe fun ó centro. No coche. Outras veces vou andando, pero hoxe fun no coche. Tamén fun onte, pero non o dixen. Porque non escribín. Se escribira, ó mellor dicíao. Non sei; todo depende do que escribise. Hoxe, no centro, vin coches que pasaban e xente que non se quedaba quieta. Ou sexa, poesía en movemento. Non me digades que ver pasar coches e xente non é pura poesía! Si, porque se mestura o ruído dos coches co silencio das persoas. Certo, aquelas que van en silencio. Hai outras que lle dan a lingua de carallo. E ás veces falan por non estar calados e por veces botan a lingua a pacer porque si. No centro vin edificios grandes e feos, vin edificios grandes e bonitos. Vin moitos edificios. Ó mesmo tempo tamén vin como me miraban e eu non lles apartaba a mirada. Agora xa non me dá vergonza nada. Antes agachaba a cabeza ou baixaba a mirada por se aquel, por se lles parecía mal, por se me chamaban a atención. Si, si, hai xente que non queren que a miren. Mira ti, coma se os desgastaramos... Agora non lle aparto a mirada a ninguén. Tamén xa vai sendo hora de que vaia un pouco de chulo pola vida. Que a desvíen eles. A ver, por que non podo andar ó meu aire polo centro. Unha aclaración: cando digo centro estou a referirme ó centro de Ourense, claro. Eu vivo nas aforas e, lóxico, ó ir á cidade dicimos que imos ó centro. Ten a súa distinción, ten a súa arrogancia, ten o seu aquel. Xa hai un cacho que vin do centro, e non sei por que, déuseme por escribir, por dicir que fora ó centro. Fun ó centro no coche, que non fun andando.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania