Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tranquilícennos

miércoles, 07 de mayo de 2008
A verdade é que merecemos que alguén nos tranquilice no económico, no social, no político, no vital. Especialmente no económico que é o aspecto máis preocupante, e logo virán os demais.

Levamos meses escoitando mensaxes de enlentecemento da economía, de crise, de problemas económicos a escala nacional ou internacional, pero os nosos gobernantes non dixeron unha palabra ata estabilizar políticamente o país co favorable resultado dunhas eleccións xerais.

E agora que recoñecen que algo pasa, desátanse todas as alarmas e endurécense todos os síntomas. O petróleo anda arredor de cento vinte euros o barril (non hai tanto tempo que o precio era de vinte), Citroen-Vigo reduciu a súa producción en marzo un 28,5%, máis do corenta por cento dos galegos opina que a situación económica é mala ou moi mala, a construcción rexistra catro de cada dez suspensións de pagos, e os promotores de urbanizacións paran as obras se non teñen vendidas a metade das vivendas. Etc.etc.

Diante desto, as palabras dos gobernantes falan de menor crecemento, de reactivación durante o próximo ano, de que debemos estar tranquilos. Pero estas palabras non bastan, teñen que informarnos mellor e convencernos.

Porque hai unha desmoralización xeral nas nosas xentes, un fatalismo económico que acepta de xeito resignado que remataron os bos tempos, e malos tempos soplan contra nós deste os infinitos puntos da rosa dos ventos.

Eso pode e debe correxirse. Os nosos gobernantes teñen que falar claro, explicar o que pasa, propoñer comportamentos, apuntar solucións, e lograr a nosa colaboración para conseguir remontar esta crise do xeito máis favorable.

Precisamos tranquilidade. É obriga dos gobernantes proporcionárnola. Agardamos feitos, pero tamén palabras sensatas. ¡Xa!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania