Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

sábado, 17 de octubre de 2020
Sobre os agasallos

Calquera hora é boa para escribir e para criticar algo. Por exemplo, ás doce menos vinte e cinco da noite, e mentres espero a que asome algunha película pola televisión. É que me chamou a atención o outro día unha nova na que os Franco alegaban que o pazo de Meirás fora un agasallo ó ditador a título persoal. Sinceramente, non o creo. E aínda Pingas de Orballoque así fora, sei como eran os agasallos nos anos 60 e incluso 70, polo que aínda sería peor, moito peor o 5 de decembro de 1938, que seica foi cando pasou ás súas mans. Os agasallos, por esas épocas e a esa xente "especial", facíanse por medo. Simplemente por medo. De todos é sabido que ninguén, absolutamente ninguén regala nada. Segurísimo que o pazo de Meirás non foi un agasallo.
Eu era rapaz nesas dúas décadas que comentaba antes e lembro moi perfectamente aqueles "agasallos" que se facían. E notábase ás leguas que era por medo. Algo moi semellante ou practicamente igualiño que as famosas propinas. Sei de xente que traballaba na administración do Estado que se puxo rico grazas ás propinas. Había medo a que non che arranxasen aqueles papeis que tiñas que entregar ou aquelas solicitudes que tiñas que presentar. Non vaia ser o demo que non me tramite os expedientes... Se ata as propinas ós acomodadores dos cines (agora non hai disto, grazas a Deus, pero antigamente era xa costume en todas as salas cinematográficas, polo menos en Madrid) era por medo. Medo a que o acomodador rosmase algo ou a que non che alumease ben o corredor para ir á túa butaca. A min a palabra agasallo nunca me gustou. Nin como favor. Os favores hai que pagalos sempre.

O Camiño da Esperanza

Hai camiños longos e curtos. Hai camiños curvos e rectos. Hai camiños lisos e con atrancos. Hai uns meses collín un camiño longo, recto e liso por entre uns lameiros verdes de esperanza. O sol refulxía, a lúa alumeaba e as estrelas brillaban. Todo moi bonito. Polo que, con moita ilusión e máis esperanza emprendino paso a paso, asubío Pingas de Orballotras asubío, cun sorriso aberto e co corazón mancándome no peito. Por culpa dos latexos. Pero era unha dor agradable, melancólica e nostálxica. Que carallo, a vida é unha lágrima e dous sorrisos. Eu estaba cos sorrisos. Non obstante, a alegría na casa do pobre dura pouco. Ós poucos quilómetros o camiño empinou e semellou que remataba nun atranco enorme e case imposible de salvar. Un penedo de tres pares de narices interrompía o percorrido. Mingüei os pasos porque tiña que pensar no que debería facer. En principio, optei por sentar e tomar un descanso. E xa non me importaba que fose un descanso incluso de días. Pero tiña que atopar algo, non sei que, pero algo para evitar o obstáculo e seguir. A carraxe, ás veces, facía darme cabezadas contra o penedo. A impotencia foi a causante de que asomara esa bágoa da vida. O sol esfumouse, a lúa acochou detrás dunha nube e as estrelas perdéronse pola inmensidade do universo. Ó final foi certo que botei un días parado, ata que conseguín agatuñar polo penedo arriba. Xa no outro lado, pero aínda cansado, empecei a facer de novo camiño, paso a paso, con calma, con parsimonia (non quería botar as campás a voar) o camiño da esperanza. Aínda sigo camiñando. Pero xa cos dous sorrisos abertos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES