Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ansiosos polo Covid

viernes, 09 de octubre de 2020
Un escoita falar dos xeitos de detectar o tristemente famoso Covid, contempla procedementos máis ou menos cómodos, e ten referencia de que nin fai falla baixar do coche para poder facer as probas, polo que quere crer que non hai máis –chegar e encher– ca achegarse a calquera centro de saúde para saber se un ten algo que ver coa única enfermidade que agora parece aqueixarnos e preocuparnos.

Neste comezo do curso, ben tranquilo para o que podería temerse dada a situación sanitaria xeral, no colexio, unha nena de oito anos comeza a moquear e queixarse da cabeza, polo que seguindo o “protocolo habitual” os profesores chaman a seus pais para que a recollan e a leven facer a proba que corresponda para tranquilidade de todos.

A proba fáiselle o venres, ás dúas da tarde, con total comodidade, coa promesa de que saberán algo ao día seguinte. Os presurosos, xa preguntabamos polo resultado aquela mesma tarde. Á noite, queremos saber como segue a nena, que parece ter curado só con ir facer a proba. Pola mañán do día seguinte, e ao medio día, e á media tarde, e máis á noite, preguntamos… Nada. Hai que agardar nunha longa fin de semana. E van trinta e seis horas da proba. E corenta e oito, e cincuenta e oito… e tampouco nada. E á hora na que mando este artigo, nada se sabe.

Menos mal que os síntomas, pasado este tempo, non foron a peor senón ao contrario, porque non quero pensar na angustia dos membros dunha familia que teña que agardar tanto tempo por un diagnostico que eu coidaba instantáneo, para poder respirar tranquilos e mesmo saír da casa todos os membros da familia sen perigo para ninguén.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES