A linguaxe da perversión
Santalla, Iago - miércoles, 14 de octubre de 2020
Un chío de Fernando de Córdoba fai referencia ao feito de que a historia nos conte que os romanos e os bárbaros viñeran a establecerse e os árabes, pola contra, a invadir. Pois ben antes dicíannos que cadaquén conta a feira segundo como lle vai nela. Isto cambiou e agora, na era da comunicación, cadaquén conta a feira segundo quere que lle vaia nela, convertendo á linguaxe nunha inmensa arma de construción ou destrución masiva. A linguaxe faise unha ferramenta ideolóxica capaz de crear versións oficiais incuestionables e infalibles.
Fronte á linguaxe da perversión temos a linguaxe das perspectivas, que nos impón a marabillosa obriga de beber de todas as fontes ata crear a propia. Nisto consiste ser libre e erguerse como ser pensante, auténtico e único no mundo.
Agora ben, nun mundo fugaz, prefabricado e inmerso no balbordo do presente continuo pensar está sobrevalorado e a linguaxe da perversión axuda a eludir unha tarefa tan pesada
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora