Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As festas, soños son

jueves, 08 de octubre de 2020
Hai trinta e seis anos, o día grande da festa, un titular de prensa proclamaba que se vivía “O máis triste San Froilán”. Os que andábamos coas festas a voltas pasaramos unha dura noite na casa do concello sabendo minuto a minuto como o Hortensia arrasaba sen piedade o feiral, tumbaba árbores centenarias no parque, derrubaba un palco da música e deixábanos a sensación de ser o ensaio dun posible fin de mundo.

Pero dentro da traxedia, tiñamos infinitos pequenos motivos de ledicia, comezando pola grande nova de non ter sufrido danos humanos, tendo unha boa proba a uns pasos do concello, en plena rúa da Raíña, onde ao grande fotógrafo Juan José lle entrou unha uralita polo parabrisas do coche sen que tivera daño persoal alguno.

Non recordó como triste aquel San Froián no que Milladoiro se negou a cambiar de palco esixindo actuar onde o prohibirá o Hortensia, e houbo que poñer infinitos parches morais nas almas da festa. O espírito festeiro puido con todo. E tivemos “San Froilán”. E non resultou –non podía ser- triste.

Tampouco este debe selo. A pesar de que a pandemia é moito máis cruel, despiadada, que o desatado Hortensia, e impón restricións imposibles de salvar.

Levamos máis de medio ano sustituindo realidades da vida cotián por invencións audiovisuais, sabendo que nunca o virtual sustituirá ao mundo real do que é un magnifico complemento.

Neste mundo virtual paliativo, imaxes e sons transmitidos por internet –San Froilán virtual- poden facernos vivir unha ilusión, poden cubrir medianamente as necesidades dos sentidos de vista e oído, pero non poderán contentar olfato, gusto e tacto, tan conmovidos e favorecidos polas festas reais.

Un San Froilan sin barracas, casetas do polbo e multitudes perdéndose polas rúas, será outra cousa, valorando eso sí os esforzos oficiais para que a ilusión se manteña. Será un San Froilán diferente, especial, ao que temos que aportarlle nós ilusión, maxia. Por nós e polos nosos, temos que sacar forzas de onde non as temos, e saber que estamos en festa, hai vida nos barrios, poderemos tomar viños na honra do patrón, e recibiremos amigos que non quixeron quedar na casa fóra de Lugo. E teremos a voz amiga de Tonina Gay, que nos chegará polas ondas da radio ou da Rede, para proclamar que vivimos un San Froilán diferente, pero igual de entrañable e querido.

Nas carencias da nenez, os maiores sempre nos animaban afirmando que o día de mañán todo tería solución; sería perfecto, Pois nós temos agora ese mesmo deber de contaxiar aos máis pequenos –e convencernos nós mesmos- que o día de mañán, quizais o ano que ven, todo será perfecto. En tanto, “soñemos, alma, soñemos”, que dixo Galdós do que se cumpre o centenario da súa morte. E disfrutemos, inventemos, a nosa propia festa.
Porque, parodiando a Calderón, toda a viña é un soño, e as festas soños son. Soñemos, vivamos un Feliz difícil San Froilán!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES