Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (15)

jueves, 08 de octubre de 2020
Conclusións Xerais
Por outra banda, as expresións relixiosas ligadas ós santuarios podemos consideralas en estancamento e, tamén, en declive dependendo do “territorio de gracia” ou influencia da súa imaxe sagrada. Así, os santuarios que abranguen unha influencia comarcal, provincial, supraprovincial... adoitan manter unha constante na súa devoción e, polo tanto, nos seus rituais e ofrendas. É o caso, entre outros, dos santuarios marianos do Faro (Chantada), do Cebreiro (Pedrafita), de Saavedra (Begonte), do Alto do Cesar (Sarria)…; do Cristo de Goián (Sarria); do San Cosme (Galgao-Abadín)... Pola contra, os santuarios de influencia local, municipal, e nalgúns casos mesmo comarcal foron experimentando nos últimos lustros un declive, moi ostensible nalgúns recintos sacros, con respecto á concurrencia de devotos e, polo tanto, a súa práctica ritualística. Este descenso debeuse a unha serie de causas:
A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (15)1ª. As migracións foron producindo co tempo un desarraigo do contexto social da comunidade local.
2ª. Os medios de comunicación social foron introducindo novas visións relixiosas e seculares do mundo.
3ª. O desenvolvemento tecnolóxico ligado á medicina e á veterinaria ocasionou que houbese unha diminución de rogacións relacionadas coas doenzas humanas e animais.
4ª. O aumento do nivel cultural nas comunidades rurais por o desenvolvemento dos medios de ensino motivou que certas prácticas relixiosas tivesen unha menor repercusión, ó ser analizadas dende unha perspectiva diferente.
5ª. A influencia dalgúns cregos, encargados de santuarios, que foron e van afastando certos ritos e ofrendas por consideralos pouco edificantes para o cristián polo seu carácter máxico e supersticioso.
6ª. A falta de cregos e a introducción de unidades pastorais nos medios rurais, que ocasionou unha nova planificación e regulamentación de cara ás parroquias, reflectida nun menor número de servicios relixiosos. Isto ía influir negativamente na operatividade dalgúns santuarios principalmente daqueles que tiñan un territorio de gracia local ou municipal.

Malia estes motivos, que poden ir causando un declive continuado na práctica cotiá destes recintos sacros, cómpre facer mención tamén á existencia dun aumento de problemas de índole individual e social, relacionados non só coas doenzas -humanas e animais- e coa facenda familiar, senón tamén con lacras sociais, como a droga e o paro. Isto vai motivar que unha das vías de resolución destes problemas sexa a través destes espazos sagrados. Neles segue habendo rituais de carácter purificador: vir andando dende o lugar de orixe dos devotos; circunvalar o santuario, de xeonllos ou descalzos; circunvalar á imaxe de devoción, de xeonllos… Rituais de contacto: os devotos seguen contactando co sagrado por medios dos rituais de poñer o santo e o de contacto coa imaxe estática; ámbolos dous teñen como finalidade bicar e tocar as imaxes de devoción coas mans e cos panos, que quedan sacralizados no seu contacto, usándose logo con fins profilácticos e curativos perante as doenzas humanas. Rituais ligados coa procesión, que percorre normalmente o perímetro do santuario ou circunvala un cruceiro, santificando todo o contorno. Finalmente, segue habendo unha variedade de ofrendas: esmola en metálico, misas, figuras de cera, velas da mesma altura que a do ofrendante; ramos de flores…
A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (15)

BIBLIOGRAFÍA
ABRAIRA PÉREZ, Miguel.: Historia dos mazos de Riotorto: píntese e novos datos, Riotoro: Asociación Cultural Arrincadeira, Deputación de Lugo, 2013.
ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: La Religiosidad popular. Cuadernos B.A.C. , Madrid, 1981.
BASURKO, Xavier.: “Los santuarios hoy: claves de interpretación teológica-pastoral”, en Santuarios del P. Vasco y Religiosidad popular. II Semana de Estudios de Hª Eclesiástica del P. Vasco. Vitoria, 1982.
BLANCO PRADO, J.M: Religiosidad popular en el municipio de Begonte, Lugo: Deputación provincial, 1991, páx.70.
BLANCO PRADO, José Manuel e RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel. “La devoción popular en el Santuario de la Ermida (Quiroga)”, en Lucus, Boletín Informativo da Deputación de Lugo, nº 42, 1994.
BLANCO PRADO, José Manuel.: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Lugo: Deputación Provincial, 1996.
BOROBIO, Dionisio.: “Religiosidad popular en la renovación litúrgica. Criterios para unha valoración”. Phasen 89, Barcelona, 1975, páx. 347.
CEBRIÁN FRANCO, Juan José.: Santuarios de Galicia (Diócesis de Santiago de Compostela), Santiago: Archidiócesis de Santiago, 1982..
EQUIPO “IR INDO”. GUZMÁN LÓPEZ, Cristina; IGLESIAS PÉREZ, Montserrat; MIRAMONTES CARBALLEDA, Ángel e outros. Galicia en Comarcas. Terra Chá e Meira, nº 25, Vigo: Ir Indo, 2005.
FIDALGO SANTAMARIÑA, J.A.: Antropología de una parroquia rural. Ourense: Cuadernos do Laboratorio Ourensán de Antropología Social, Serie Galicia Campesiña. 1. Caja Rural de Orense, 1988.
FUENTES ALENDE, Xosé e BOELL, Denis-Michel.: “Exvotos Mariñeiros en Bretaña e Galicia”, “Ex–voto Marins en Bretagne et Galice”, en Carrefour des Regions d´Euroe, Ouest Frances, 1987.
FUENTES ALENDE, Xosé.: “Exvotos en Galicia en Galicia en el Siglo XIX”, en Galicia. Terra única. O Século XIX. Pontevedra, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Comunicación Social, Pontevedra, 1997.
FRAGUAS, Antonio.: Palabra “EXVOTO”, G.E.G. (Gran Enciclopedia Gallega).T. 11, Santiago de Compostela, 1984.
FRAGUAS, Antonio. Romarías e Santuarios, Vigo: Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1988.
FRAZER, J.G.: La rama dorada, México: Fondo de Cultura Económica, 1969.
GARCÍA ROMÁN, Carolina y MARTÍN SORIA, María Teresa.: “Religiosidad popular: exvotos, donaciones y subastas”, en La Religiosidad Popular, III. Hermandades, Romerías y Santuarios. Coords. ÁLVAREZ SANTALO, C.; BUXO, María Jesús; y RODRÍGUEZ BECERRA, S., Anthoropos, Barcelona, 1989.
GONZÁLEZ PAZ, Carlos Andres.: “El Castillo de Peñaflor (Riotorto-Lugo). Iglesia y Nobleza en la Mariña Lucense a finales de la Edad Media”, en BMP (Boletín do Museo Provincial de Lugo), Lugo, 2003.
GONDAR PORTASANY, Marcial: “Racionalidad campesina y Relativismo cultural”, en Antropología y Racionalidad. Ed. Sálvora, Santiago, 1980.
Crítica da Razón galega. Entre o nós-mesmos e nós-outros, Vigo: Biblioteca a Nosa Terra. Nós os Galegos. Ed. a Nosa Terra, 1993.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: Guía de festas populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997.
GUERRA MOSQUERA, Jesús.: El Coro de la Catedral de Lugo. Su santoral e iconografía, Lugo: Diputación Provincial, 2001, páx. 81.

INFORMANTES.:
“CASA DE LOLI TOJAL”.
PEDRO NAVALLO.
IRENE TOJAL, DA “CASA DE ABELARDO DE BALTASAR”.
SEVERINA VEIGA, DA “CASA DE ABELARDO DE XOANA”
LISÓN TOLOSANA, Carmelo: Invitación a la Antropología cultural de España. Madrid: Akal, 1980.
LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: “Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular”, en Rev. Encrucillada, nº 9. Ed. Sept, Vigo, 1978.
MADOZ, Pascual.: Diccionario Geográfico y Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Tomo XI. Madrid, 1848.
MALDONADO, Luís.: “Dimensiones y tipos de la religiosidad popular”, en Concilium (Rev. Internacional de Teología), 206, 1986.
MALDONADO, Luis.- "PARA COMPRENDER EL CATOLICISMO POPULAR". COFRADIAS Y HERMANDADES. Ed. Verbo Divino. Estella (Navarra). 1990.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón. Las Romerías/Peregrinaciones y sus símbolos, Vigo: Ed. Xerais de Galicia, 1987.
MIGUÉLEZ DÍAZ, Xosé Antón.: “Relixiosidade popular galega. Aproximación e chamadas”, en Estudios Mindonienses. Anuario de Estudios Histórico-Teolóxicos de la Diócesis de Mondoñedo-El Ferrol. Centro de Estudios de la Diócesis de Mondoñedo-El Ferrol y Publicaciones de Caixa Galicia, t.2..
MOREIRAS SANTISO, Xosé. “A relixiosidade popular no sector rural”, en Rev. Encrucillada, nº 9, Vigo, 1978.
PRAT I CAROS, Joan: “Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía”, en La Religiosidad popular, III. Hermandades, Romerías, Santuarios. Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 227.
RIELO CARBALLO, Nicanor.: “Meilán, Santa Marta de”, en G.E.G. (Gran Enciclopedia Galega), T. 20.
RISCO, Vicente: “Etnografía. Cultura Espiritual”, en Historia de Galicia dirixida por Ramón Otero Pedrayo. T. I, 1979.
ROMÁN DÍAZ, Berta.: “Riotorto”, en Galicia, pueblo a pueblo, La Voz de Galicia, Xunta de Galicia, A Coruña, 1993, páx. 1237.
SAAVEDRA PÉREZ, Mario.: “Lembrando á historia. Algunha presenza dos cruceiros, cristos, cruces, esmoleiros, calvarios, vía crucis…no concello de Riotorto”, en III Xonadas da Historia de Riotorto. Asociación Cultural Arrincadeira, Deputación de Lugo, Cultura e Turismo, 2013.
SANTOS SAN CRISTÓBAL, Sebastián.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Madrid: Ministerio de Cultura, t. IV, Madrid, 1980.
TABOADA CHIVITE, Xesús: Etnografía Galega. Cultura Espritual. Vigo: Ed. Galaxia, 1972.
TOSCHI, P.: “Guida allo Studio delle tradizioni popolari”. Serie di Antropología, etnología e religione. Boringheri. Torino, 1974, páx. 24..
VALIÑA SAMPEDRO, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Madrid: Ministerio de Cultura, 1983.
VARELA AENLLE, Carlos Xesús.: Riotorto. Guía do Concello, Lugo: Servicio de Publicaciones Diputación Provincial, 2003.
WILLIAM A. CHRISTIAN, Jr.: “De los Santos a María. Panorama de la devociones a santuarios españoles desde el principio de la E. Media hasta nuestros días”, en Temas de Antropología española. Ed. de Carmelo Lisón Tolosana. Akal, 1976.
CHRISTIAN, JR, William A.: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid: Tecnos, 1978, páx. 126.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES