Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Que Cousas!

jueves, 08 de octubre de 2020
Nove menos cuarto da noite. Pensaba eu que Bruce Springsteen cantaba tan só por cantar e que Mozart tocaba por tocar, e resulta que os dous facían música. Que cousas! Nunca te deitarás sen saber unha cousa máis. Algúns non se deitan nunca ou tardan en deitarse porque semella que viven nos biosbardos. Despois, claro, andan como andan; ou sexa, que non andan, ou como moito andan como zombis perdidos. Un Pingas de Orballo: Que Cousas!zombi é aquel que está morto e resucita. Ollo ó can!; non só resucitou Xesucristo. De todas as maneiras, temos moi asimilado o dos zombis coas películas que nos amosan, pero non adoitan ser así. O que é zombi é paiolo ou pasmón todo o día, incluso toda a vida. Non ten porque morrer e resucitar. Ás veces ata desconfío se eu mesmo non serei un zombi desde que me pariu a Lola da Amparo. Paspán non sei se serei, pero bocaaberta ou papaleisón ou papamoscas son un cacho. Porque mo din moitas veces. E cando o río soa...
Nove menos cinco da noite. Pensaba que Metallica era un grupo de flamenco que tocaba en Andalucía e que Ennio Morricone tan só compuña bandas sonoras cunha filharmónica, e resulta que os dous subíronse a uns vinilos para quedar asentados nos estantes dos salóns das casas. Que cousas! A mente, por veces, confúndeme, atrapállame. Tamén é verdade que non sei distinguir moi ben entre soños e realidade. E isto si que é un problema. É como estudar a psicoloxía dun loureiro ou dese fento que agroma logo dun incendio. Non obstante, a miña filosofía é sinxela: os soños son bonitos e a realidade é a que é. Así de simple.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES