Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos somos iguais (Máis ou menos)

lunes, 05 de octubre de 2020
Hai uns días acabei de ler o libro "Postais do Este", de Reyes Monforte, que versa sobre as mulleres nos campos de concentración nazis. O libro, por suposto, é duro e como se baseaba en feitos reais (aínda que contados como ficción), non quedaba outra que analizar e pensar no exterminio e xenocidio do pobo xudeu a mans dos nazis. Pero, ó mesmo tempo, por eses días da lectura do libro, proxectaron na televisión a película “O heroe de Berlín” (2016), que amosa ó mítico atleta Jesse Owens acadando varias medallas de ouro nas Olimpiadas de 1936 desa cidade, dándolle na cara a ese xefe dos nazis chamado Hitler, pola supremacía dese negro con respecto á súa raza aria.

Mais, neste caso, eu ó que vou é que cando Owens chegou a América como heroe e homenaxes e recibimentos, hai unha escena ó final da película na que cando quere entrar a un hotel, no que precisamente lle van a celebrar unha homenaxe, non o deixan entrar pola porta principal... porque é negro.

Se quere entrar á súa propia homenaxe, o heroe, o mítico Jesse Owens ten que facelo pola porta de servizo. Entón, claro, aquí tamén se me dá por pensar que diferencia hai dos nazis ós brancos ianquis. Si, os nazis fixeron o que fixeron, pero, por exemplo, que fixo o Ku-Klux-Klan cos negros?

E rizando o rizo, que fixeron os españois na conquista de América? Este si quizais fose o maior xenocidio humano desde que o mundo é mundo. Que fixeron os serbios nas guerras iugoslavas? Como non sacar á palestra o xenocidio dos hutus sobre os tutsis en Ruanda. E se seguimos buscando guerras sempre aparecerán momentos de masacres, xenocidios e exterminios. Se ata na nosa Guerra Civil houbo o demo e moito máis; na propia guerra e, por suposto, despois da guerra; pois xa se sabe que o que sae vencedor, aproveita e machaca.

Todo isto leva á conclusión de que o ser humano, como o deixen, desbócase. E se non o deixan desbócase ata contra os seus. O ser humano ten ese demo dentro, esa carraxe, esa xenreira que se non a bota fóra pode comelo por dentro. Así é que será mellor que morran os outros antes que nós. Á hora da verdade, o ser humano deixa saír o animal que leva dentro. Todos, máis ou menos, somos iguais... nazis, españois, brancos, hutus, serbios, etc.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania