Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Leopoldo Calvo-Sotelo

martes, 06 de mayo de 2008
Non era ribadense de nación pero levaba vencellado á capital galega do nordeste toda a súa vida, por prolongación familiar, por querencia e por segunda residencia.

Ven de morrer e o seu pasamento, primeiro dun presidente de goberno da democracia, removeu os estamentos da sociedade, mobilizou políticos e institucións, e lembrounos a todos que hai un xeito de pasar pola vida e despedirse, silenciosamente, deixando un importante baleiro na política e na vida de España.

Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo foi candidato á presidencia do goberno naquel malfadado 23F, e gobernou o país dorido que saía daquela amarga experiencia.

Non tiña a máxia de Suárez nin o encanto de González, pero que ben lle veu ó país a súa man, a súa tranquilidade, o seu goberno, o seu papel de interregno entre a Ucd e os socialistas. Calvo-Sotelo resultou sacrificado en aras do ben común do Estado, e pasou tranquilamente a un segundo plano oficial e social. Agora, ven de obter o retiro definitivo e vive xa na memoria colectiva que lle fai xustiza, coma sempre, demasiado tarde.

Descanse en paz Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, home de ben, político de casta, ribadense de lei, contraste co que medir ou pesar o valor dos homes e mulleres que se dedican á cousa pública. Morre Leopoldo, e dámonos conta de que o mundo se fixo un pouco máis pequeño.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania