Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pensar a longo prazo

miércoles, 07 de octubre de 2020
Vivimos una situación excepcional que custa moito sobrelevar como para pensar no mañá; non en tanto, pensando no hoxe, tampouco podemos perder de vista a filosofía inclusiva, que conleva pensar na diversidade tamén en situacións límite. Estamos vivindo no extremo da excepción, tanto é así que custa evadirse tan só por un intre da realidade. O certo é que quen xestiona todo isto está desbordado e non ten referentes xa que é unha situación inédita que teima en proxectarse a medio/longo prazo.

Oes falar e dá máis medo o que pode vir que a propia realidade. Ante isto, non podemos perder de vista o paradigma inclusivo, ao contrario, temos que recuncar e teimar nel con máis forza porque nesta teima xogámonos atención digna da diversidade e da dependencia. Neste sentido, atopámonos co problema de comunicación que supoñen as máscaras para a comunidade xorda. Hai que dicir que se están buscando solucións pero ditas solucións, polo momento, non gozan da homologación necesaria.

Temos que atallar este problema de xeito interdisciplinar, poñendo a ciencia e a medicina por riba de todo pero, tamén, é necesario coidar a parte social e buscar maneiras de que ninguén quede illado a nivel comunicativo. Levamos moitos anos de loita e non podemos retroceder o camiño andado.

Ante todo a seguridade pero a ciencia e a tecnoloxía tamén nos ten que fornecer de ferramentas para a inclusión. Sempre o fixo e nesta situación teno que seguir facendo. Pensar a longo prazo é unha obriga colectiva.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania