Foz: Sanidade e promesas
Fernández, Suso - lunes, 05 de mayo de 2008
Os problemas sociais non se resolven nunca: envellecen, pasan de moda e se esquecen; a frase, que demasiadas veces se corresponde coa realidade, é do escritor italiano Leo Longanesi; daí que en ocasións a sociedade civil teña que facer verdadeiros esforzos para impedir que tal suceda.
A focega Plataforma pola Sanidade ven desenvolvendo unha meritoria loita, digna e coherente, na procura de que as autoridades do ramo sexan quen de dotar ó noso concello das infraestructuras precisas para que os cidadáns recibamos unha atención de calidade, e unha condición irrenunciable para que tal premisa se cumpla é o servicio de urxencias as 24 horas. A historia rocambolesca da reivindicación non é senon a de unha frustración mais polo que ten sobre todo de desprecio ós veciños por parte dos políticos; é unha demostración abondo descarada de cómo os focegos son utilizados sen mais mira que a de arrincarlles o voto para logo echarlos al arroyo, como dí o vello tango.
Os continuados incumprimentos por parte da Administración dos compromisos puntuais e mesmo das promesas electorais dos seus rectores poñen a cotío en entredito a honestidade daqueles que nos gobernan. Non fará falla lembrar unha vez mais como o señor Touriño, Xosé Blanco e Anxo Quintana, en campaña electoral, prometeron ó pobo de Foz que, de gobernar eles, a nosa vila ía a contar cun P.A.C.; mellora que viña reivindicando toda a cidadanía, encabezada naqueles tempos pola autoridade municipal. Xa se sabe que cando non existe unha conciencia cívica nen unha vocación de servicio á sociedade, os vai-vens políticos modifican actitudes e comportamentos e mudan obxectivos, en aras das consignas partidistas, aínda que as necesidades dos cidadáns, e polo tanto as súas aspiracións, segan a ser as mesmas. A racha xa a encetara o PP; despois chegaron os salvadores
Cada sábado se nos convoca na rúa ós veciños con un fin claro: evitar que os nosos gobernantes, aquéles que teñen nas súas mans a prometida solución ó problema, nono deixen envellecer nen pasar de moda, e polo tanto que no esquezan; nunha palabra que non se faiga realidade a frase de Leo Longanesi. Trátase só de activar as memorias, ó parecer adormecidas...

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora